RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Cadete B e Infantil B, campións da liga Galega cadete e Primeira Autonómica infantil

O Comité de Competición da Federación Galega de Fútbol ditaminou o final das competicións no grupo norte da liga Galega cadete e no grupo 1º da Primeira Autonómica, nas que competiu o Cadete B e Infantil B respectivamente.

En ambos os casos, os branquiazuis resultaron campións dos seus grupos.

O Cadete B logrou 61 puntos por 55 puntos o segundo clasificado, a SD Compostela. Os deportivistas, comandados por David Lagar, gañaron 19 partidos, empataron 4 e perderon tan só 1. Marcaron en 24 partidos 82 goles e encaixaron 23.

Pola súa banda, o Infantil B, en 25 partidos gañou 22 e perdeu tan só 3, co que alcanzou un total de 66 puntos por 57 puntos do Ural CF B, segundo clasificado. O equipo dirixido por Fernando Macedo 'Nano' logrou 141 goles por 34 encaixados.