RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Calendario da canteira deportivista

- Foto: Susi García - O Benjamín B do Deportivo arrinca mañana xoves 16 de outubro ás 19.30 en Abegondo a competición de Segunda Comarcal de fútbol oito (grupo A Coruña - As Mariñas). O seu primeiro riv

Con Roberto Veres e Gabriel Domínguez como técnicos, o persoal do Benjamín B é a seguinte: Mateo e Santi (porteiros); Luís Teixeira, Adrián Guerreiro, Zoe (defensas); Iván Varela, Jorge Oreiro, David Carballo (centrocampistas); Samuel Vázquez, Óscar Fernández, Pablo Seco e Dani Estévez (dianteiros).

Xa o fin de semana, o Fabril visitará ao Sanxenxo o vindeiro domingo 19 de outubro ás 17.30 no campo de Baltar. O encontro pertence á novena xornada de liga en Terceira División. Será, co Infantil A en Viveiro, os únicos partidos do domingo. Todos os demais equipos de categorías inferiores xogarán o sábado 18.

O Infantil B descansa este fin de semana, xa que lle tocaba xogar co Dorneda, retirado finalmente da competición.

O calendario de partidos previstos é o seguinte:

Terceira División
SANXENXO - FABRIL, o domingo 19 de outubro ás 17.30 en Baltar (Sanxenxo)
Clasificación: ... 9. Pontevedra, Silva e Ribadeo, 11 puntos; 12. Fabril, Racing Vilalbés, Bergantiños e Ordes, 10 puntos...

Categoría xuvenil
XUVENIL A - ALONDRAS, o sábado 18 de outubro ás 16.30 en Abegondo (campo nº 1)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta e Xuvenil A, 13 puntos; 3. Real Racing Club e Oviedo, 12 puntos...

XUVENIL B - RESIDENCIA, o sábado 18 de outubro ás 18.15 en Abegondo (campo nº 3)
Clasificación da liga Nacional: ... 5. Arousa, Areosa, Galicia Caranza e Racing de Ferrol, 9 puntos; 9. Xuvenil B, Coruxo e Calasanz, 7 puntos...

Categoría cadete
CADETE A - LUGO, o sábado 18 de outubro ás 12.00 en Abegondo (campo nº 4)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 15 puntos; 2. Cadete A, 13 puntos; 3. Racing de Ferrol, 12 puntos...

CADETE B - URAL, o sábado 18 de outubro ás 10.30 en Abegondo (campo nº 5)
Clasificación da liga Galega (grupo 1º): ... 4. Viveiro e Conxo, 11 puntos; 6. Calasanz, Cadete B e Ural, 8 puntos...

Categoría infantil
VIVEIRO - INFANTIL A, o domingo 19 de outubro ás 11.00 no Municipal de Cembedo (Viveiro)
Clasificación da liga Galega (grupo 1º): 1. Infantil A, Bertamiráns, Galicia Caranza e Santiago de Compostela, 15 puntos; 5. Racing de Ferrol e Conxo, 13 puntos...

Clasificación da Primeira Autonómica (grupo 1º): 1. Vitoria B, 12 puntos; 2. Montañeiros e Infantil B, 10 puntos...

Categoría alevín
Liga Comarcal de fútbol oito (grupo 1º) (2ª xornada): ALEVÍN A - SPORTING CORUÑÉS, o sábado 18 de outubro ás 10.00 en La Torre 2.1

Liga Comarcal de fútbol oito (grupo 2º) (2ª xornada): SAN TIRSO - ALEVÍN B, o sábado 18 de outubro ás 11.30 en Abegondo (campo de herba sintética)

Categoría benjamín
BENJAMÍN A - OLÍMPICO, o sábado 18 de outubro ás 12.00 na Grela
Clasificación da Primeira Comarcal de fútbol oito (grupo 1º): 1. Imperátor A, Ural A e Raio Sadense A, 6 puntos; 4. Vitoria A, Benjamín A e Calasanz A, 4 puntos...

Segunda Comarcal de fútbol oito (grupo 1º) (1ª xornada): BENJAMÍN B - URAL, mañá xoves 16 de outubro ás 19.30 en Abegondo (campo nº 8)