RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Calendario de amigables para #ANOSACANTEIRA, con primeiros test para Deportivo ABANCA B, Xuvenil B e Cadete

Nova semana de amigables en #ANOSACANTEIRA desde mañá mércores 11 de agosto, cos primeiros amigables para o Deportivo ABANCA B de Kevin Cabado e o Xuvenil B de Álex Antón.

Tamén se estrea o domingo 15 de agosto o Cadete de Darío Cotelo, neste último caso con motivo do Trofeo MS2 Cup no campo da Lagoa (Mondariz). O conxunto quedou encadrado na primeira fase co Rápido de Bouzas e o AJ Lérez. O primeiro de cada grupo accederá ás semifinais polo título mentres que o segundo disputará as semifinais da Fase de Consolación.

Pola súa banda, o Fabril terá dous test complicados en Abegondo ante o Bergantiños CF e CD Arenteiro, equipos de 2ª RFEF. Os días elixidos para celebrar estes partidos son mañá mércores 11 e sábado 14 respectivamente.

O calendario é o seguinte:

Terceira RFEF
FABRIL - BERGANTIÑOS CF, o mércores 11 de agosto ás 18:00 en Abegondo (campo principal)

FABRIL - CD ARENTEIRO, o sábado 14 de agosto ás 11:30 en Abegondo (campo principal)

Categoría feminina
UD MOS - DEPORTIVO ABANCA B, o xoves 12 de agosto ás 18:00 no campo das Baloutas (Mos)

Categoría xuvenil
XUVENIL B - PONTEVEDRA CF, o sábado 14 de agosto ás 11:30 no campo de O Monte (San Tirso)

Categoría cadete
Domingo 15 de agosto
Torneo MS2 Cup no campo da Lagoa (Mondariz)
Primeira Fase
12:00: CADETE - AJ LÉREZ (campo de herba natural)
14:00: CADETE - RÁPIDO DE BOUZAS (campo de herba natural)

O campión de grupo pasa ás semifinais polo título, ás 18:30 h. O segundo clasificado xogará as semifinais da Fase de Consolación, a esa mesma hora.