O partido do Benxamín A (na foto principal da noticia) ante a UD Carral correspondente á 10ª xornada na Primera Futgal A Coruña abre este xoves 27 de novembro ás 20:00 no Municipal Rodríguez Ans de Carral o calendario de partidos desta semana en ANOSACANTEIRA.
Os branquiazuis lideran a táboa con 27 puntos, con 2 puntos de vantaxe sobre o CD Calasanz, 2º con 25 puntos.
En canto ao fin de semana, o Fabril visita á SD Sarriana o domingo 30 de novembro ás 17:00 no campo da Ribela.
Os fabrilistas, que caeron no campo Arsenio Iglesias a pesar do seu gran partido fronte ao líder Gimnástica Segoviana CF, marchan na 2ª posición con 23 puntos, os mesmos que o Oviedo Vetusta.
Completa a xornada dominical o partido do Cadete, líder da División de Honra, en Vigo ante o CD Areosa (11:30).
O sábado xógase o resto da xornada.
Sobresae o partido entre o Xuvenil A e o Sporting de Gijón ás 16:00 no campo Arsenio Iglesias.
Os branquiazuis teñen 21 puntos por 24 os sportinguistas, empatados co RC Celta na cabeza da táboa.
O RC Deportivo activa o protocolo de apertura con rexistro de asistentes do campo Arsenio Iglesias.
Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa IDE de socio e o pin.
A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.
Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.
Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.
O outro gran partido da xornada é #ONOSODERBI na Liga Nacional entre os dous aspirantes ao título. O Xuvenil B, con 32 puntos, visita ás 11:30 na Madroa a un RC Celta B con 36.
Ademais, o San Tirso SD Cadete mídese na Gándara ao Racing de Ferrol (12:00) e o Infantil ao ED Val Miñor Nigrán en Condomínguez (16:00); mentres que o San Tirso SD Infantil recibe no Monte ao Racing de Ferrol (10:15).
Finalmente na Torre xogan o Alevín A (10:30), Fabril FC Alevín (13:30) e Fabril FC Benxamín (11:30).
O calendario de partidos é o seguinte:
Segunda Federación
13ª xornada: SD SARRIANA - FABRIL, o domingo 30 de novembro ás 17:00 en A Ribela
Clasificación: 1. Gimnástica Segoviana CF, 27 puntos; 2. Fabril e Oviedo Vetusta, 23 puntos; 4. Real Ávila CF, 22 puntos... 11. SD Sarriana, 14 puntos...
Categoría xuvenil
11ª xornada: XUVENIL A - SPORTING DE GIJÓN, o sábado 29 de novembro ás 16:00 no campo Arsenio Iglesias
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta e Sporting de Gijón, 24 puntos; 3. Xuvenil A, 21 puntos; 4. Bansander, Real Racing Club e Real Oviedo, 15 puntos...
13ª xornada: RC CELTA B - XUVENIL B, o sábado 29 de novembro ás 11:30 na Madroa (campo 2)
Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B, 36 puntos; 2. Xuvenil B, 32 puntos; 3. CD Choco e Coruxo FC, 25 puntos...
Categoría cadete
11ª xornada: CD AREOSA - CADETE, o domingo 30 de novembro ás 11:30 na Xunqueira (Comesaña, Vigo)
11ª xornada: RACING DE FERROL - SAN TIRSO SD CADETE, o sábado 29 de novembro ás 12:00 na Gándara (Ferrol)
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 30 puntos; 2. RC Celta, 28 puntos... 7. Pabellón Ourense CF, 15 puntos; 8. San Tirso SD Cadete, 14 puntos; 9. Victoria CF, 13 puntos... 12. CD Areosa e Racing de Ferrol, 9 puntos...
Categoría infantil
11ª xornada: ED VAL MIÑOR NIGRÁN - INFANTIL, o sábado 29 de novembro ás 16:00 en Condomínguez (Nigrán)
11ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - RACING DE FERROL, o sábado 29 de novembro ás 10:15 no Monte
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil e ED Val Miñor Nigrán, 27 puntos; 3. RC Celta, 24 puntos; 4. AJ Lérez e CD Conxo Santiago, 19 puntos; 6. San Tirso SD Infantil, 18 puntos; 7. CD Lugo e Racing de Ferrol, 15 puntos...
Categoría alevín
10ª xornada: ALEVÍN A - UD JUVENIL ALMEIRAS, o sábado 29 de novembro ás 10:30 na Torre (campo 1.1)
10ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - VICTORIA CF, o sábado 29 de novembro ás 13:30 na Torre (campo 1.1)
Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Fabril FC Alevín e Alevín A, 24 puntos; 3. CD Calasanz e Atlético Coruña Montañeros CF, 22 puntos; 5. Ural Español CF e Victoria CF, 19 puntos... 14. UD Juvenil Almeiras, 3 puntos...
Categoría benxamín
10ª xornada: BENXAMÍN A - UD CARRAL, o xoves 27 de novembro ás 20:00 no Municipal Rodríguez Ans (Carral)
10ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - VICTORIA CF, o sábado 29 de novembro ás 11:30 na Torre (campo 1.2)
Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Benxamín A, 27 puntos; 2. CD Calasanz, 25 puntos; 3. Fabril FC Benxamín, 21 puntos; 4. ED Luis Calvo Sanz, 19 puntos... 8. Victoria CF, 14 puntos... 12. UD Carral, 9 puntos...
O Infantil supera a Os Belenenses no primeiro partido da Ibercup; preámbulo dun xoves con partidos en Oviedo, Cascais, O Porto e Boadilla del Monte
#ANOSACANTEIRA
Resultados este martes do Alevín e Fabril FC Benxamín en Lugo; e calendario da semana, co Infantil este mércores 1 de abril na Ibercup de Portugal
#ANOSACANTEIRA
O San Tirso SD Infantil sumou 1 punto ante o Arosa SC e o Xuvenil A visita este venres 3 ao Sporting na mini xornada ligueira en ANOSACANTEIRA
#ANOSACANTEIRA
Antía Veiga participará nuns adestramentos con España sub-17 do luns 6 ao mércores 8 de abril
#ANOSACANTEIRA
A Federación Belga libera a Lucas Noubi, que estará a disposición de Antonio Hidalgo para o partido ante o Córdoba CF
#OSNOSOS
A Dépor Escola Feiraco retoma a súa actividade neste ano 2026 con prazas dispoñibles nas súas 7 sedes
FUNDACIÓN
A Fundación do RC Deportivo acolle a primeira actividade do proxecto europeo 'Her Futbol Future' no Dépor Training Center
FUNDACIÓN
A brillante clasificación do Xuvenil A en Tenerife abriu o calendario en ANOSACANTEIRA, con cita para os dous equipos benxamíns este xoves 12 en Abegondo e Carral
#ANOSACANTEIRA
