RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Calendario de #ANOSACANTEIRA, coa visita do líder, CF Fuenlabrada, ao Fabril como partido destacado

A visita do CF Fuenlabrada, líder do grupo 1º da Segunda División B, ao Fabril, o domingo 27 ás 12:00, é o partido destacado da fin de semana en #ANOSACANTEIRA.

Sergio Pellicer recibiu un novo reforzo a principios de semana, o lateral zurdo Juanmi Carrión. Ademais do novo defensor branquiazul, outros 3 futbolistas apontoaron o cadro do filial: Ignacio Abeledo, Arturo Segado e Leto. Estes xa debutaron a pasada fin de semana no derbi de Barreiro ante o RC Celta B.

Como é habitual, os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. Para o público, a entrada custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 14 anos.

Ademais, haberá cuádruplo enfrontamento co CD Lugo en xuvenís e cadetes. O de Xuvenil A (División de Honra) e Cadete B (grupo norte da liga Galega) serán en Abegondo o domingo 27 ás 17:00. Para isto partidos, os socios deportivistas teñen libre entrada á Cidade Deportiva; e para o público, a entrada vale 3 euros.

Os outros dous, Xuvenil B (Liga Nacional) e Cadete A (División de Honra) xogaranse o sábado 26 ás 11:45 e 10:15 no campo da Reigosa de Friol (Lugo).

O partido do Deportivo ABANCA B da Primeira Autonómica feminina, domingo 27 ás 16:00, completa o calendario de partidos na Cidade Deportiva para esta fin de semana. Os afeccionados teñen entrada libre para este choque do líder da categoría.

Finalmente, o Infantil A visita ao RC Celta na 3ª xornada da Fase polo Título da Liga Galega. Ambos os equipos son os máximos aspirantes á medalla de ouro nesta parte decisiva da temporada, que se celebra a liga a unha soa volta.

Teñen descanso o Alevín A, cuxo partido de volta de oitavos de final da Liga Comarcal ante o Imperátor OAR xógase o sábado 2; e Alevín B e Benxamín B, que están á espera de coñecer o calendario da segunda volta da Segunda Comarcal A Coruña.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda División B
22ª xornada: FABRIL - CF FUENLABRADA, o domingo 27 de xaneiro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación: ... 15. Real Valladolid CF B, 24 puntos; 16. AD Unión Adarve, 23 puntos; 17. Burgos CF, 22 puntos; 18. CDA Navalcarnero, 21 puntos; 19. Rápido de Bouzas, 20 puntos; 20. Fabril, 14 puntos

Categoría feminina
18ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - ARCADIA EF, o domingo 27 de xaneiro ás 16:00 en Abegondo
Clasificación da Primeira Autonómica: 1. Deportivo ABANCA B, 49 puntos; 2. Viajes InterRías FF, 45 puntos...

Categoría xuvenil
21ª xornada: XUVENIL A - CD LUGO, o domingo 27 de xaneiro ás 17:00 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: ... 4. CD Lugo, 37 puntos; 5. Ural CF, 35 puntos; 6. Real Oviedo, 33 puntos; 7. Xuvenil A, 32 puntos; 8. Atlético Perines, 29 puntos...

20ª xornada: CD LUGO B - XUVENIL B, o sábado 26 de xaneiro ás 11:45 no campo da Reigosa (Friol - Lugo)
Clasificación da Liga Nacional: ... 3. Victoria CF, 39 puntos; 4. Xuvenil B e CD Choco, 35 puntos; 6. CD Conxo Santiago, 33 puntos...

Categoría cadete
20ª xornada: CD LUGO - CADETE A, o sábado 26 de xaneiro ás 10:15 no campo da Reigosa (Friol - Lugo)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 51 puntos; 2. Cadete A, 50 puntos; 3. Ural CF, 38 puntos...

20ª xornada: CADETE B - CD LUGO B, o domingo 27 de xaneiro ás 17:00 en Abegondo
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: ... 3. Racing Villalbés, 40 puntos; 4. Cadete B, 34 puntos; 5. Galicia de Caranza, 33 puntos; 6. CF Dumbría e Bergantiños CF B, 32 puntos; 8. CD Calasanz B, 31 puntos...

Categoría infantil
Fase polo Título da Liga Galega, 3ª xornada: RC CELTA - INFANTIL A, o sábado 26 de xaneiro ás 12:30 na Madroa (campo 2)

22ª xornada: ONCE CABALLEROS CF - INFANTIL B, o domingo 27 de xaneiro ás 10:00 no campo de Lendoiro - A Barcala
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 63 puntos; 2. Ural CF B, 55 puntos...

Categoría benxamín
10ª xornada: BENXAMÍN A - CD CALASANZ A, o sábado 26 de xaneiro ás 13:30 na Torre (campo 1.1)
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Benxamín A, 25 puntos; 2. CD Calasanz A, 24 puntos...