RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ACTUALIDADE

Calendario de #ANOSACANTEIRA, con tres partidos xa, dos dous alevíns e do Benxamín A, finalizados con triunfo

Os dous equipos alevíns do Deportivo adiantaron o seu partido na liga Comarcal e Primeira C para participar desde o venres 13 no Torneo Media Gol Cup en Cornellá (Barcelona). 

Onte martes, o Alevín A venceu en Outes (2-4) e hoxe mércores o Alevín B superou ao Atlético Coruña Montañeros CF C (2-5) nos primeiros encontros de #ANOSACANTEIRA nunha semana na que retoman a competición ligueira o Fabril en Terceira División e  o Deportivo ABANCA B no grupo 1º de Primeira Nacional Feminina.

O filial masculino visita ao CSD Arzúa o sábado (17:00) no campo de O Viso; e o feminino ese mesmo día ao Victoria FC de Santiago (17:00 horas) en Santa Isabel.

Nesta xornada haberá 4 partidos en Abegondo, 3 o sábado 14: o Xuvenil A (ás 16:00 ante o CD Calasanz), Cadete B (ás 12:00 ante o Racing Villalbés) e Infantil B (ás 10:30 ante o San Tirso SD B); e 1 o domingo:  Infantil A (ás 12:00 ante o SCDyR Narón O Freixo).

Ademais dos dous filiais citados anteriormente, compiten lonxe da Cidade Deportiva o Xuvenil B (sábado 14 ás 11:30 en Vilalba) e Cadete A (venres 13 ás 17:30 en San Tirso).

E tamén xogan o venres os dous benxamíns, que o sábado visitan ao FC Porto para xogar un amigable na Cidade Deportiva Portogaia (O Porto).

Finalmente hoxe mércores, o Benxamín gañou ao Betanzos CF (12-0) en partido correspondente á 3ª xornada disputada na súa totalidade a pasada fin de semana, no que o conxunto deportivista participou no Torneo Tucho da Torre en Marín.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira División
16ª xornada: CSD ARZÚA - FABRIL, o sábado 14 de decembro ás 17:00 no campo de O Viso (Arzúa)

Clasificación: ... 3. CD Barco, 34 puntos; 4. Fabril, 27 puntos; 5. Arousa SC, 26 puntos; 6. CD Choco, 25 puntos; 7. Alondras CF e UD Ourense, 20 puntos...

Categoría feminina
13ª xornada: VICTORIA FC - DEPORTIVO ABANCA B, o sábado 14 de decembro ás 17:00 en Santa Isabel (Santiago de Compostela)

Clasificación da Primeira Nacional, grupo 1º: ... 2. CD Monte, 28 puntos; 3. Deportivo ABANCA B, 25 puntos; 4. Victoria FC, 23 puntos; 5. Oviedo Moderno CF B, 22 puntos...

Categoría xuvenil

15ª xornada: XUVENIL A - CD CALASANZ, o domingo 15 de decembro ás 12:00 en Abegondo

Clasificación da División de Honra: ... 2. Sporting de Gijón, 34 puntos; 3. Xuvenil A, 27 puntos; 4. Real Oviedo, 25 puntos; 5. Bansander, 24 puntos...

15ª xornada: RACING VILLALBÉS - XUVENIL B, o sábado 14 de decembro ás 11:30 no Estadio Roca (Vilalba)

Clasificación da liga Nacional: 1. RC Celta B, 37 puntos; 2. Xuvenil B, 31 puntos; 3. CD Areosa, 29 puntos; 4. Pabellón Ourense CF, 25 puntos...

Categoría cadete

15ª xornada: SAN TIRSO SD - CADETE A, o venres 13 de decembro ás 17:30 en O Monte (San Tirso)

Clasificación da División de Honra: 1. Cadete A, 42 puntos; 2. RC Celta, 37 puntos...

15ª xornada: CADETE B - RACING VILLALBÉS, o sábado 14 de novembro ás 12:00 en Abegondo (campo 4)

Clasificación da liga Galega, grupo norte: 1. Cadete B, 38 puntos; 2. EFM Concello de Boiro, 32 puntos...

Categoría infantil

15ª xornada: INFANTIL A - SDCyR NARÓN O FREIXO, o domingo 15 de decembro ás 12:00 en Abegondo (campo 5)

Clasificación da liga Galega, grupo norte: 1. Infantil A, 42 puntos; 2. Bertamiráns FC, 33 puntos...

15ª xornada: INFANTIL B - SAN TIRSO SD B, o sábado 14 de decembro ás 10:30 en Abegondo (campo 7)

Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 42 puntos; 2. Ural CF B, 34 puntos...

Categoría alevín

4ª xornada, xogado onte martes: OUTES CF B 2 - ALEVÍN A 4 (Janusz, Marcos, Balbas e Anxo)

Clasificación da liga Comarcal: 1. Alevín A (un partido máis), 12 puntos; 2. Ural CF A e Atlético Coruña Montañeros CF A, 7 puntos...

3ª xornada, xogado  hoxe: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF C 2 - ALEVÍN B 5 (Alberto, Íker, Uxío, Iago Vázquez e Sergio)

Categoría benjamín

3ª xornada, xogado hoxe: BENXAMÍN A 12 (Pablo Somoza -3-, Iago Lameiro -3-, Raúl -2-, Rodrigo -2-, José Quiroga e Martín Forján) - BETANZOS CF 0

4ª xornada: VICTORIA CF A - BENXAMÍN A, o venres 13 de decembro ás 19:30 en Abegondo (campo de herba sintética)

Clasificación da liga Comarcal: 1. Benxamín A e ED Luis Calvo Sanz A, 9 puntos; 3. San Tirso SD A, Victoria CF A e Xesuitinas A, 6 puntos...

Primeira C, 3ª xornada: CD CALASANZ C - BENXAMÍN B, o venres 13 de decembro ás 19:30 en Abegondo (campo de herba sintética)