RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Calendario de ANOSACANTEIRA feminina, co Dépor ABANCA B nas Eiroas o sábado 22 de marzo

O Dépor ABANCA B defende o liderado da Tercera Federación este sábado 22 de marzo ás 16:00 nas Eiroas ante o Bergantiños CF.

As Nosas chegan ao encontro despois de derrotar ao Victoria CF a pasada fin de semana en Abegondo por 3-0 e con 1 punto de vantaxe sobre o Olímpico de León, 2º na táboa.

Ademais do filial deportivista, o sábado o Orzán SD Cadete, líder do grupo 1º da Liga Galega, recibe ao CD Narón, un equipo da zona alta.

Para o domingo queda o partido do Orzán SD Sub-21 en Vilagarcía ante o Atlético Arousana (17:30) e o do Orzán SD Xuvenil na Segunda Autonómica ás 12:00 en Tordoia.

ANOSACANTEIRA está de parabén pola citación de Claudia Sande coa selección española sub-15 para disputar un amigable ante Inglaterra o próximo 26 de marzo.

Finalmente, o Orzán SD Infantil A e Orzán SD Infantil B arrincan a segunda fase da Liga Galega.

O A quedou encadrado no grupo 1A con estes rivais: SCD Pastoriza, Racing de Ferrol, Bergantiños CF, EFF Sonnoia Portus Apostoli e SCD Milagrosa

Pola súa banda, a Santa Cruz CF, Sporting Burgo, UC Cee, UD Cerqueda e Silva SD enfrontaranse ao Orzán SD Infantil B.

O formato de competición é de liga a dobre volta.

O calendario de partidos é o seguinte:

Tercera Federación
25ª xornada: BERGANTIÑOS CF - DEPORTIVO ABANCA B, o sábado 22 de marzo ás 16:00 nas Eiroas
Clasificación: 1. Deportivo ABANCA B, 61 puntos; 2. Olímpico de León, 60 puntos; 3. RC Celta, 59 puntos... 14. Bergantiños CF, 12 puntos...

Primera Autonómica
24ª xornada: ATLÉTICO AROUSANA - ORZÁN SD SUB-21, o domingo 23 de marzo ás 17:30 no campo Manuel Jiménez Abalo (Vilagarcía de Arousa)
Clasificación: 1. EFM Concello de Boiro e Orzán SD Sub-21, 62 puntos; 3. RC Celta B, 55 puntos... 15. Atlético Arousana, 17 puntos

Segunda Autonómica
24ª xornada: SD TORDOIA - ORZÁN SD XUVENIL, o domingo 23 de marzo ás 12:00 no campo da Rega (Pontepedra, Cabaleiros, Tordoia)
Clasificación: ... 3. UD Carral, 48 puntos; 4. Orzán SD Xuvenil e Sporting Burgo, 45 puntos; 6. SD Tordoia, 44 puntos; 7. UC Cee, 42 puntos...

Liga Galega cadete
20ª xornada: ORZÁN SD CADETE - CD NARÓN, o sábado 22 de marzo ás 18:15 na Torre (campo 1)
Clasificación: 1. Orzán SD Cadete, 48 puntos; 2. Victoria CF, 45 puntos... 4. CD Narón, 33 puntos... 

Liga Galega infantil, Segunda Fase
Grupo 1A, 1ª xornada: SCD PASTORIZA - ORZÁN SD INFANTIL A, o sábado 22 de marzo ás 19:00 no Municipal de Pastoriza (Arteixo)

Grupo 2A, 1ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B - SANTA CRUZ CF, o domingo 23 de marzo ás 12:15 no Municipal de Eirís (A Coruña)