RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Calendario de ANOSACANTEIRA feminina, coas infantís en xogo esta fin de semana

Esta fin de semana teñen cita ligueira, na segunda fase da Liga Galega, os dous equipos infantís, ambos á fronte dos seus respectivos grupos.

O A mídese ao Bergantiños CF o domingo 25 ás 10:00 na Torre e o B ao Silva SD o sábado 24 de maio ás 12:00 no Municipal de Eirís.

Por outra banda, o choque de volta da semifinal da Liga Galega cadete entre o Orzán SD e o Victoria CF pásase ao xoves 29 de maio ás 20:00 no campo de herba artificial de Abegondo.

Na ida venceron pola mínima, 1-0, as blanquinegras.

En canto ao resto de categorías, concluíron a temporada, ademais do Dépor ABANCA B, o Orzán SD Sub-21, campión de Primera Autonómica e ascendido a Tercera Federación; e o Orzán SD Xuvenil, que acabou 3º no grupo 1º da Segunda Autonómica e está á espera de confirmación oficial do seu ascenso a Primera Autonómica.

O calendario de partidos é o seguinte:

Liga Galega cadete
Fase Final polo Título, semifinal, volta: ORZÁN SD CADETE - VICTORIA CF, o xoves 29 de maio ás 20:00 en Abegondo. Na ida: 1-0

Liga Galega infantil, segunda fase
8ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A - BERGANTIÑOS CF, o domingo 25 de maio ás 10:00 na Torre (campo 1)
Clasificación do grupo 1A: 1. Orzán SD Infantil A (un partido máis), 24 puntos; 2. SCD Milagrosa, 15 puntos... 6. Bergantiños CF, 3 puntos

8ª xornada: SILVA SD - ORZÁN SD INFANTIL B, o sábado 24 de maio ás 12:00 no Municipal de Eirís
Clasificación do grupo 2A: 1. Orzán SD Infantil B, 18 puntos; 2. Silva SD, UD Cerqueda e UC Cee, 12 puntos...