RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Michi Apóstol disputará con Venezuela a Copa América no mes de xullo

Floriangel Mitchell Apóstol Argüelles (Lara, Venezuela, 7 de setembro de 2005), coñecida futbolísticamente como 'Michi' Apóstol, está convocada para disputar coa súa selección, Venezuela, a Copa América este mes de xullo en Quito (Ecuador).

Os rivais serán Brasil, Colombia, Paraguay e Bolivia.

A futbolista do Dépor ABANCA traballará cos súas compañeiras nunha concentración previa en Bogotá.

Antes de arrincar o torneo, están previstos dous amigables de preparación.

O calendario de Michi Apóstol na Copa América de Quito é o seguinte:

Luns 14 de xullo
19:00 (2:00 do martes 15 hora galega): BRASIL - VENEZUELA, no Estadio Gonzalo Pozo

Xoves 17 de xullo
19:00 (2:00 do venres 18 hora galega): VENEZUELA - COLOMBIA, no Estadio Gonzalo Pozo

Sábado 19 de xullo
16:00 (23:00 hora galega): VENEZUELA - BOLIVIA, no Estadio Gonzalo Pozo

Sábado 26 de xullo
19:00 (2:00 do domingo 27 hora galega): PARAGUAY - VENEZUELA, no Estadio IDV

Os dous primeiros de grupo pasan a semifinais e o 3º pelexará polo 5º posto

Michi Apóstol é internacional en todas as categorías e ten contrato en vigor polo Dépor ABANCA até xuño de 2027.