RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Calendario de ANOSACANTEIRA feminina, xa con partido do Orzán SD Infantil A este venres 30 no Dépor Training Center

O partido do Orzán SD Infantil A ante o CF Batallador, correspondente á 14ª xornada na Liga Galega infantil, abre este venres 30 de xaneiro ás 21:15 no Dépor Training Center o calendario semanal en ANOSACANTEIRA feminina. 

As orzanistas lideran o grupo 1º con 31 puntos, 3 por encima do Racing de Ferrol, 2º con 28 puntos.

O sábado 31 o Orzán SD Cadete mídese á SD Rápido de Neda (18:30 na Torre) e o Orzán SD Infantil B ao Bergantiños CF (18:00 no Anexo das Eiroas).

Finalmente o domingo 1 de febreiro retornan á competición o Dépor ABANCA B e o Orzán SD Sub-21 após o parón da semana pasada.

O filial, 11º na táboa de Segunda Federación con 15 puntos, visita á Real Sociedad B ás 12:00 en Zubieta.

Esta semana, dúas canteirás, Lucía Rivas e Redru, ambas as en dinámica do primeiro equipo, participaron nuns adestramentos coa selección española sub-19.

Pola súa banda, o Orzán SD Sub-21, instalado na zona media da Tercera Federación, recibe na Torre (16:00) ao Domaio FC.

A fin de semana conclúe co encontro do Orzán SD Xuvenil, en Primera Autonómica, fronte ao Atlético San Pedro, ás 17:30 en Iñás.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda Federación
16ª xornada: REAL SOCIEDAD B - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 1 de febreiro ás 12:00 en Zubieta
Clasificación: ... 3. Real Sociedad B, 31 puntos... 10. Bizkerre Club, 16 puntos; 11. Deportivo ABANCA B, 15 puntos; 12. Olímpico de León, 12 puntos...

Tercera Federación
15ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 - DOMAIO FC, o domingo 1 de febreiro ás 16:00 na Torre (campo 2)
Clasificación: ... 6. Victoria FC, 25 puntos; 7. Orzán SD Sub-21, 17 puntos; 8. Tomiño FC Femenino, 16 puntos... 11. Domaio FC, 5 puntos...

Primera Autonómica
16ª xornada: ATLÉTICO SAN PEDRO - ORZÁN SD XUVENIL, o domingo 1 de febreiro ás 17:30 en Iñás
Clasificación: ... 4. Atlético San Pedro, 31 puntos... 14. Sporting Burgo, 10 puntos; 15. Orzán SD Xuvenil, 9 puntos; 16. Sárdoma CF B, 7 puntos

Liga Galega cadete
14ª xornada: ORZÁN SD CADETE - SD RÁPIDO DE NEDA, o sábado 31 de xaneiro ás 18:30 na Torre (campo 2)
Clasificación: 1. Victoria CF, 31 puntos; 2. Orzán SD Cadete, 29 puntos; 3. SCD Milagrosa, 27 puntos... 12. SD Rápido de Neda, 1 punto...

Liga Galega infantil
14ª xornada: CF BATALLADOR - ORZÁN SD INFANTIL A, o venres 30 de xaneiro ás 21:15 no Dépor Training Center (campo de herba sintético)
Clasificación do grupo 1º: 1. Orzán SD Infantil A, 31 puntos; 2. Racing de Ferrol, 28 puntos... 8. CF Batallador (un partido menos), 6 puntos...

14ª xornada: BERGANTIÑOS CF - ORZÁN SD INFANTIL B, o sábado 31 de xaneiro ás 18:00 no Anexo ás Eiroas
Clasificación do grupo 2º: ... 3. Bergantiños CF (un partido menos), 25 puntos; 4. UD Cerqueda (un partido menos) e Orzán SD Infantil B, 20 puntos; 6. UC Cee e AD Cristo Rey, 16 puntos...