Xornada reducida en #ANOSACANTEIRA a consecuencia dos compromisos das Seleccións Galegas nos Campionatos de España Territoriais. Por este motivo teñen descanso Xuvenil A, Xuvenil B, Cadete A e Infantil A. Ademais, ao Alevín B, por calendario, tamén lle corresponde parar esta semana.
En Segunda División B, un Fabril máis preto do líder Fuenlabrada (a 5 puntos), visita mañá domingo ao Valladolid B. O encontro arrincará ás 16.00 horas no Anexo ao José Zorrilla.
Gustavo Munúa, técnico fabrilista, leva a estes xogadores: Francis, Blas, Quique Fornos, One, Diego Caballo, Lucas, Raúl González, Gaizka, Carlos López, Queijeiro, Ortuño, Porrúa, Óscar, Borja, Romay, Jardel, Luís Fernández e Álex Cobo.
En Elviña (A Coruña), o Cadete B xogou hoxe ante o Ural B os segundos 45 minutos do encontro pertencente á 17ª xornada que foi aprazado no seu día por deficiente iluminación do campo coruñés da Leyma. O partido acabou en empate, tal e como se suspendeu.
A xornada arrincou o pasado xoves co partido do Infantil B en Santa María del Mar, correspondente á 26ª xornada no grupo 1º de Primeira Autonómica. Aos deportivistas escapáronselles 2 puntos no tempo de desconto (2-2). Aínda así, o Infantil B manterá o liderado faga o que faga o Orillamar, segundo clasificado, este domingo ante o Sporting Coruñés.
Onte venres houbo outro partido en Abegondo. O Benxamín A impúxose (6-0) ao Obreiro A, en choque correspondente á 8ª xornada da Segunda Fase da Primeira Comarcal.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Segunda División B
27ª xornada: VALLADOLID B - FABRIL, o domingo 25 de febreiro ás 16:00 no Anexo ao Estadio José Zorrilla
Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 21ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - TORRE, o domingo 25 de febreiro ás 16:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)
Categoría cadete
Liga Galega, grupo 1º, 17ª xornada: URAL B 1 - CADETE B 1 (Fito)
Categoría infantil
Amigable: INFANTIL A 1 (Pablo Trigo) - BERGANTIÑOS (cadete) 2
Primeira Autonómica, grupo 1º, 26ª xornada: SANTA MARÍA DEL MAR 2 - INFANTIL B 2 (Trigo e Dani)
Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol once, grupo norte, 3ª xornada: ALEVÍN A 2 (Zoe e Héctor) - CALASANZ A 0
Categoría benxamín
Segunda Fase da Primeira Comarcal, 8ª xornada: BENXAMÍN A 6 (Diego -2-, Xabi, Íker, Leandro e Pablo) - OBREIRO A 0
Segunda Comarcal A Coruña, 16ª xornada: BENXAMÍN B 5 (Trigo -3-, Sergio e Paulo) - URAL C 1


