RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Calendario de partidos en ANOSACANTEIRA, co Fabril o domingo en Santiago e o Xuvenil Ao sábado en Abegondo

Intensa xornada de sábado en ANOSACANTEIRA co Xuvenil A e os equipos cadetes, infantís, alevíns e benxamíns.

Para o domingo 26 queda a visita do Fabril á SD Compostela, ás 12:00 no Estadio Vero Boquete de San Lázaro.

Os fabrilistas, situados na zona media-alta da táboa de Segunda Federación, veñen de empatar en Abegondo ante o Real Valladolid Promesas un partido no que quedaron con 10 futbolistas no minuto 28.

Esta semana, o Club pechou a cesión de Hugo Villaverde ao Arosa SC de Tercera Federación até final de temporada.

O sábado 25 xógase o resto da xornada.

Sobresae o partido do Xuvenil A ante o Arosa SC, ás 12:30 en Abegondo, previo ao partido de oitavos de final da Copa del Rey do mércores 29 en Lezama ante o Athletic Club.

Os pupilos de Miguel Figueira, con 43 puntos, seguen de preto o ronsel do líder do grupo 1º da División de Honra, un RC Celta que ten 45 puntos.

En casa tamén compiten o San Tirso SD Cadete (12:15 no Monte ante o Ural Español CF) e o Infantil (11:30 en Abegondo fronte ao Atlético Coruña Montañeros CF).

Toca lonxe de casa ao Cadete (12:30 en Nigrán) e ao San Tirso SD Infantil (10:30 na Torre ante o Victoria CF).

Finalmente completa a xornada do domingo a visita do Xuvenil B ao Porriño Industrial FC, ás 12:00 en O Lourambal.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda Federación
20ª xornada: SD COMPOSTELA - FABRIL, o domingo 26 de xaneiro ás 12:00 no Estadio Vero Boquete San Lázaro
Clasificación: ... 6. Real Valladolid Promesas e Marino de Luanco, 28 puntos; 8. Fabril e UP Langreo, 27 puntos; 10. Rayo Cantabria, 25 puntos; 11. Bergantiños CF, 24 puntos; 12. SD Compostela, 23 puntos...

Categoría xuvenil
18ª xornada: XUVENIL A - AROSA SC, o sábado 25 de xaneiro ás 12:30 no campo principal de Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 45 puntos; 2. Xuvenil B, 43 puntos; 3. Sporting de Gijón, 36 puntos... 8. Arosa SC, 22 puntos...

18ª xornada: PORRIÑO INDUSTRIAL FC - XUVENIL B, o domingo 26 de xaneiro ás 12:00 en O Lourambal 2 (O Porriño)
Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B, 45 puntos; 2. Xuvenil B, 40 puntos; 3. Pabellón Ourense CF, 36 puntos... 18. Porriño Industrial FC, 9 puntos

Categoría cadete
18ª xornada: ED VAL MIÑOR NIGRÁN - CADETE, o sábado 25 de xaneiro ás 12:30 en Condomínguez (Nigrán)
18ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - URAL ESPAÑOL CF, o sábado 25 de xaneiro ás 12:15 no Monte
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 51 puntos; 2. Cadete, 48 puntos; 3. Arosa SC e ED Val Miñor Nigrán, 35 puntos; 5. San Tirso SD Cadete e SD Compostela, 30 puntos... 8. Ural Español CF, 25 puntos...

Categoría infantil
16ª xornada: INFANTIL - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF, o sábado 25 de xaneiro ás 11:30 en Abegondo (campo de herba sintética)
16ª xornada: CD CONXO SANTIAGO - SAN TIRSO SD INFANTIL, o sábado 25 de xaneiro ás 13:00 no campo da Merced (Santiago de Compostela)
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 43 puntos; 2. RC Celta, 42 puntos; 3. Racing de Ferrol, 33 puntos... 6. San Tirso SD Infantil, 27 puntos... 9. Atlético Coruña Montañeros CF, 20 puntos; 10. CD Conxo Santiago, 19 puntos...

Categoría alevín
12ª xornada: ALEVÍN A - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF, o sábado 25 de xaneiro ás 13:30 na Torre (campo 1.2)
12ª xornada: VICTORIA CF - FABRIL FC ALEVÍN, o sábado 25 de xaneiro ás 10:30 na Torre (campo 1.2)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: 1. Alevín A, 30 puntos; 2. Ural Español CF (un partido menos), 24 puntos; 3. CD Calasanz (un partido menos) e Victoria CF, 19 puntos; 5. Fabril FC Alevín, 14 puntos; 6. Atlético Coruña Montañeros CF, 13 puntos...

Categoría benxamín
12ª xornada: BENXAMÍN A - ATLÉTICO CASTROS, o sábado 25 de xaneiro ás 10:30 na Torre (campo 1.1)
12ª xornada: URAL ESPAÑOL CF - FABRIL FC BENXAMÍN, o sábado 25 de xaneiro ás 12:30 na Torre (campo 1.1)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8: 1. Benxamín A, 33 puntos; 2. Fabril FC Benxamín e Ural Español CF, 27 puntos; 4. CD Calasanz, 21 puntos... 6. Atlético Castros, 15 puntos...