RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Calendario de partidos en ANOSACANTEIRA, co groso da xornada o domingo, incluido ONOSODERBI en Liga Nacional

ANOSACANTEIRA afronta unha nova fin de semana de competición oficial coa satisfacción da convocatoria de David Mella e Kevin Sánchez coa selección española sub-19 para disputar un mini torneo de clasificación para o Campionato de Europa en Georgia do 15 ao 22 de novembro.

Ambos os futbolistas renovaron a súa vinculación co Dépor este pasado verán e, de categoría xuvenil, o primeiro está en dinámica do primeiro equipo e o segundo, do Fabril.

Toda a xornada xogarase en domingo fóra dos partidos de mañá sábado dos alevíns e benxamíns na Torre; e do Orzán SD Cadete Femenino en Oleiros (18:00) fronte á Santa Cruz CF, en choque este correspondente á Liga Galega.

Así pois, os dous filiais compiten na xornada dominical.

A Fabril visita á RS Gimnástica de Torrelavega a partir das 17:00 no Malecón.

Os pupilos de Óscar Gilsanz, que chegan co impulso anímico do triunfo sobre o Racing Villalbés no desconto, esperan recuperar polo menos un dos centrais lesionados e a Diego Gómez, un dos mellores asistentes da categoría.

Pola súa banda, o Deportivo ABANCA B mídese na Coruña (18:00, A Grela 1) ao Victoria CF. As branquiazuis están a 1 punto do liderado.

Tamén xogan os dous equipos xuvenís. O A visita en Santander ao Atlético Perines (10:30) e o B enfróntase en Vigo ao RC Celta B no #ONOSODERBI de Liga Nacional. Os deportivistas, líderes con pleno de vitorias, avantaxan en 7 puntos aos célticos.

Na Torre compiten o Orzán SD Xuvenil Femenino (16:00 ante o Sárdoma CF B) de Primera Autonómica, o Orzán SD B sub-16 Femenino (12:00 ante o Xallas FC) de Segunda Autonómica e o Orzán SD Infantil A Femenino (12:00 fronte ao Torre SD) na Liga Galega.

Finalmente o Alevín A e Benxamín A participan nunha serie de partidos amigables no Porto.

Por contra, non haberá liga para os cadetes e infantís pola disputa en Vigo da primeira fase do Campionato de España de seleccións autonómicas en categorías sub-16 e sub-14.

Os cadetes branquiazuis Rodrigo, Pablo García, Janusz, Nico Ruiz, Leandro e Miguel de Labra; aos que hai que sumar a Samba e Gael do San Tirso SD Cadete foron convocados pola sub-16. Os rivais dos galegos no campo vigués de Coia serán Canarias (mañá sábado 4 ás 12:30) e País Vasco (domingo 5 ás 12:30).

Así mesmo, os infantís do Dépor Nico, Sergio Cortizo, Raúl e Esteban Ruiz; aos que hai que sumar a Antón Vilariño e Hugo Ferreiros do San Tirso SD Infantil foron citados pola sub-14, que se medirá en Coia a Canarias (mañá sábado ás 10:30) e ao País Vasco (domingo 5 ás 10:30).

E o Orzán SD Infantil B Femenino descansa posto que lle toca enfrontarse á SD Sofán, equipo retirado da competición.

Onte xoves 2 de novembro tiñan cita amigable o Cadete en Meicende e o San Tirso SD Cadete en Cambre. Ambos os choques foron suspendidos polo temporal de vento e choiva que azouta estes días A Coruña.

O calendario de partidos é o seguinte:

Categoría feminina
9ª xornada: VICTORIA CF - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 5 de novembro ás 18:00 na Grela 1 (A Coruña)
Clasificación da Tercera Federación FutFem: 1. Real Avilés CF e Lóstrego CF, 22 puntos; 3. Deportivo ABANCA B, 21 puntos; 4. Sárdoma CF, 18 puntos... 8. Victoria CF, 12 puntos...

8ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO - SÁRDOMA CF B, o domingo 5 de novembro ás 16:00 na Torre (campo 1)
Clasificación da Primera Autonómica: 1. Orzán SD Xuvenil Feminino, 18 puntos; 2. Bergantiños CF, Tomiño FC Femenino e SD O Val, 16 puntos; 5. Sporting Cambre, 12 puntos... 15. Sárdoma CF B, 5 puntos...

8ª xornada: ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO - XALLAS FC, o domingo 5 de novembro ás 12:00 na Torre (campo 2)
Clasificación da Segunda Autonómica: ... 5. Xallas FC, 12 puntos; 6. UC Cee, 11 puntos; 7. Brexo Lema SD, 10 puntos; 8. Sporting Meicende, Orzán SD B sub-16 Femenino e UD Santiso FC, 8 puntos; 11. UD Carral e SD Antas, 7 puntos...

8ª xornada: SANTA CRUZ CF - ORZÁN SD CADETE FEMENINO, mañá sábado 4 de novembro ás 18:00 no campo Leonardo Maceiras (Os Regos, Oleiros)
Clasificación da Liga Galega cadete: 1. Victoria CF e Orzán SD Cadete Femenino (un partido menos), 18 puntos; 3. Escuela FB Amistade (un partido menos), 15 puntos... 11. Santa Cruz CF (un partido menos), 4 puntos...

8ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO - TORRE SD, o domingo 5 de novembro ás 12:00 na Torre (campo 1)

Clasificación da Liga Galega: 1. Victoria CF (un partido menos), 18 puntos; 2. Victoria FC, 16 puntos; 3. Racing de Ferrol (dous partidos menos) e Orzán SD Infantil A Femenino (dous partidos menos), 15 puntos; 5. UC Cee (un partido menos), 13 puntos... 14. Orzán SD Infantil A Femenino e Torre SD, 0 puntos

Segunda Federación
10ª xornada: RS GIMNÁSTICA DE TORRELAVEGA - FABRIL, o domingo 5 de novembro ás 17:00 no Malecón (Torrelavega)
Clasificación: ... 4. Rayo Cantabria, 15 puntos; 5. CD Guijuelo, 14 puntos; 6. Fabril, Racing Villalbés e UP Langreo, 13 puntos; 9. SD Compostela, 12 puntos; 10. Marino de Luanco e RS Gimnástica de Torrelavega, 11 puntos...

Categoría xuvenil
10ª xornada: ATLÉTICO PERINES - XUVENIL A, o domingo 5 de novembro ás 10:30 no campo Vicente Miera (Santander)
Clasificación da División de Honra: ... 2. Real Oviedo, 22 puntos; 3. SD Compostela (un partido menos), 19 puntos; 4. Real Racing Club, 18 puntos; 5. Xuvenil A, 17 puntos; 6. CD Choco, 14 puntos...

10ª xornada: RC CELTA B - XUVENIL B, o domingo 5 de novembro ás 18:30 na Madroa (campo 2)
Clasificación da liga Nacional: 1. Xuvenil B, 27 puntos; 2. RC Celta B, 20 puntos...

Categoría cadete
Amigable, onte xoves: SPORTING MEICENDE (xuvenil) - CADETE, suspendido

Amigable, onte xoves: SPORTING CAMBRE (xuvenil) - SAN TIRSO SD CADETE, suspendido

Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 24 puntos; 2. RC Celta, 22 puntos; 3. CD Conxo Santiago, 21 puntos... 16. San Tirso SD Cadete, 4 puntos...

Categoría infantil
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 21 puntos; 2. RC Celta, 19 puntos; 3. Victoria CF, 15 puntos... 12. San Tirso SD Infantil, 6 puntos...

Categoría alevín
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 3ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF - ALEVÍN A, mañá sábado 4 de novembro ás 12:30 na Torre (campo 1.2)

Xornada no Porto, Estadio da Constitución
Domingo 5 de novembro
17:00: FC PORTO B - ALEVÍN A
17:30: FC PORTO A - ALEVÍN A
18:00: FC PORTO B - ALEVÍN A
18:30: FC PORTO A - ALEVÍN A

Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 3ª xornada: VICTORIA CF - FABRIL FC ALEVÍN, mañá sábado 4 de novembro ás 12:30 na Torre (campo 1.1)

Categoría benjamín
Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º, 3ª xornada: BENXAMÍN A - URAL ESPAÑOL CF, mañá sábado 4 de novembro ás 11:30 na Torre (campo 3.1)

Xornada no Porto, Estadio da Constitución
Domingo 5 de novembro
15:00: FC PORTO B - BENXAMÍN A
15:30: FC PORTO A - BENXAMÍN A
16:00: FC PORTO B - BENXAMÍN A
16:30: FC PORTO A - BENXAMÍN A 

Primera A Coruña de futbol 8, subgrupo 2º, 3ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - SPORTING CAMBRE, mañá sábado 4 de novembro ás 12:30 na Torre (campo 4)