RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Calendario de partidos en ANOSACANTEIRA, co groso da xornada o sábado, incluídos Fabril e Dépor ABANCA B

Nova semana de competición para #ANOSACANTEIRA, que celebra a convocatoria de Kevin Sánchez pola selección española sub-19 para un dobre partido ante Israel na localidade alacantina de Alfaz do Pi neste mes de outubro.

O atacante xuvenil colle a substitución de Elena Vázquez e Lucía Rivas (na foto da noticia), convocadas pola selección española sub-17 esta semana nuns adestramentos na Cidade do Fútbol de Las Rozas (Madrid).

En canto ao fin de semana, novo carrusel de partidos en todas as categorías, ademais de amigables para alevíns e benxamíns en Sada e no Monte na recta final da súa pretemporada.

O sábado xogan os dous filiais e desenvólvese o groso da xornada.

En Abegondo, o Fabril recibe á SD Compostela a partir das 17:00 (Youtube RC Deportivo e TVG-2). Os fabrilistas, oitavos na clasificación despois de dúas vitorias consecutivas, buscarán asentarse na zona media da táboa ante un dos poderosos do grupo.

O Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes á Cidade Deportiva.

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar aforamento e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición do aforamento nun proceso 100 % telemático.

As socias e socios do RC Deportivo terán prioridade para a retirada da súa entrada gratuíta até hoxe xoves ás 23:59 h. A partir dese momento, se houbese aforamento aínda dispoñible, habilitarase simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

Así mesmo, o Deportivo ABANCA B mídese en Gijón (16:15) ao Gijón FF no seu segundo partido consecutivo lonxe de Abegondo. As branquiazuis chegan esporeadas pola derrota da pasada fin de semana en Gondomar ante o Lóstrego CF.

En canto ao resto de partidos, o gruso da xornada tamén será o sábado, aínda que con só dous partidos en casa: o do Xuvenil B, líder en solitario da liga Nacional, ante o CVC Valladares (17:45, campo 5 de Abegondo); e o do San Tirso SD Infantil no Monte ante o CD Lugo (12:30).

Lonxe de Abegondo xoga o Cadete, que visita ao UD Ourense ás 12:00. Antes deste partido, Íker Fernández, Janusz, Nico Ruiz, Pablo García, Rodrigo e Yago foron citados pola selección galega sub-16 para disputar un partido amigable o pasado martes na Estrada ante o CD Conxo Santiago de Liga Nacional xuvenil.

Así mesmo, o San Tirso SD Cadete mídese na Coruña (16:00, San Pedro de Visma 1) ao Atlético Coruña Montañeros CF. Nos 'verdes', Gael, Mauro e Samba tamén estiveron convocados coa selección galega sub-16.

Na Coruña tamén xoga o Infantil, que se enfronta ao Victoria CF na Grela 1 (10:00 horas). Deste equipo, Iago Varela, Lucas López, Miguel, Nico, Nikolay, Raúl Lema e Sergio Cortizo participaron en adestramento coa selección galega sub-14 en Callobre (A Estrada); ademais de Álex Martínez, Antón Vilariño e Hugo Ferreiros do San Tirso SD Infantil.

O domingo, o partido destacado en ANOSACANTEIRA é o choque do Xuvenil A ante a SD Revilla (12:00 horas, campo 4). Os branquiazuis queren confirmar a súa recuperación despois do claro triunfo en Vigo ante o Coruxo FC.

Completan a xornada os 'orzanes' con tres partidos en La Torre: Orzán SD Xuvenil Femenino de Primera Autonómica (16:00, campo 1), Orzán SD Infantil A Femenino (12:00, campo 2) e Orzán SD Infantil B Femenino (16:00, campo 2) de Liga Galega; co Orzán SD B sub-16 Femenino de Segunda Autonómica en Santiso (16:00); e co Orzán SD Cadete Femenino de Liga Galega en Lugo (12:00 no campo Luis Gorgoso)

O calendario de partidos é o seguinte:

Categoría feminina
5ª xornada: GIJÓN FF - DEPORTIVO ABANCA B, o sábado 7 de outubro ás 16:15 no campo da Cruz (Gijón)
Clasificación da Tercera Federación FutFem: 1. Sárdoma CF, Real Avilés CF e Lóstrego CF, 12 puntos; 4. Olímpico de León e Deportivo ABANCA B, 9 puntos; 6. Real Oviedo Femenino B e PM Friol, 7 puntos... 15. Gijón FF, 0 puntos

4ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO - LÓSTREGO CF B, o domingo 8 de outubro ás 16:00 na Torre
Clasificación da Primera Autonómica: 1. Sporting Cambre e Orzán SD Xuvenil Femenino, 9 puntos; 3. Lóstrego CF B, 7 puntos; 4. SD O Val e Victoria CF B, 6 puntos...

Segunda Autonómica, subgrupo 1º, 3ª xornada: UD SANTISO FC - ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO, o domingo 8 de outubro ás 16:00 no Municipal de Santiso

Liga Galega, subgrupo 1º, 3ª xornada: SCD MILAGROSA - ORZÁN SD CADETE FEMENINO, o domingo 8 de outubro ás 12:00 no campo Luis Gorgoso (Lugo)

Liga infantil, subgrupo 1º, 3ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO - SCD PASTORIZA, o domingo 8 de outubro ás 12:00 na Torre (campo 2)

Liga Infantil, subgrupo 1º, 3ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO - SPORTING BURGO, o domingo 8 de outubro ás 16:00 na Torre (campo 2)

Segunda Federación
6ª xornada: FABRIL - SD COMPOSTELA, o sábado 7 de outubro ás 17:00 en Abegondo
Clasificación: ... 5. Racing Villalbés e CD Guijuelo, 9 puntos; 7. Pontevedra CF e Fabril, 8 puntos; 9. Real Avilés Industrial, 6 puntos; 10. SD Compostela, Real Oviedo Vetusta e UP Langreo, 5 puntos...

Categoría xuvenil
6ª xornada: XUVENIL A - SD REVILLA, o domingo 8 de outubro ás 12:00 en Abegondo (campo 4)
Clasificación da División de Honra: ... 2. SD Compostela e RC Celta, 13 puntos; 4. CD Choco, 9 puntos; 5. Real Racing Club e Xuvenil A, 8 puntos; 7. Arosa SC, 7 puntos; 8. Bansander e SD Revilla, 6 puntos...

5ª xornada: XUVENIL B - CVC VALLADARES, o sábado 7 de outubro ás 17:45 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da liga Nacional: 1. Xuvenil B, 12 puntos; 2. RC Celta B, 9 puntos... 11. CVC Valladares, 5 puntos...

Categoría cadete
5ª xornada: UD OURENSE - CADETE, o sábado 7 de outubro ás 12:00 no campo de Albán (Coles, Ourense)

5ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF - SAN TIRSO SD CADETE, o sábado 7 de outubro ás 16:00 en San Pedro de Visma (campo 1)

Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, RC Celta e CD Conxo Santiago, 12 puntos; 4. Arosa SC, 10 puntos... 10. San Tirso SD Cadete, 4 puntos... 12. Atlético Coruña Montañeros CF, 3 puntos... 16. UD Ourense, 1 punto...

Categoría infantil
4ª xornada: VICTORIA CF - INFANTIL, o sábado 7 de outubro ás 10:00 na Grela 1 (A Coruña)

4ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - CD LUGO, o sábado 7 de outubro ás 12:30 no Monte

Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 9 puntos; 2. RC Celta, Arosa SC e ED Val Miñor Nigrán, 7 puntos... 6. Victoria CF, 6 puntos... 11. San Tirso SD Infantil, 3 puntos... 16. CD Lugo, 0 puntos

Categoría alevín
Amigable: SADA CF - ALEVÍN A, o sábado 7 de outubro ás 12:00 no campo das Mariñas - Andrés Pena

Amigable: SAN TIRSO SD - FABRIL FC ALEVÍN, o sábado 7 de outubro ás 10:00 no Monte

Categoría benjamín
Amigable: SADA CF - BENXAMÍN A, o sábado 7 de outubro ás 12:00 no campo das Mariñas - Andrés Pena

Amigable: SAN TIRSO SD - FABRIL FC BENXAMÍN, o sábado 7 de outubro ás 10:00 no Monte