RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Calendario de partidos en ANOSACANTEIRA, con dous encontros antes da fin de semana

O calendario de partidos para esta semana en #ANOSACANTEIRA abriuno onte martes na Cidade Deportiva o partido entre o Victoria e o Fabril FC Alevín correspondente á 3ª xornada no subgrupo 1º de Primera A Coruña de fútbol 8 que foi aprazado a principios de mes debido ao temporal. 

Antes da nova xornada deste sábado nesta categoría, o triunfo fabrilista (0-3) outorga o liderado ao equipo de Jorge Queijeiro con 3 puntos de vantaxe sobre o Alevín A, que ten, iso si, un partido menos.

Así mesmo, este venres 24 ás 19:00 en Abegondo xógase outro partido, esta vez correspondente ao subgrupo 1º da Liga Galega infantil feminina. O Orzán SD Infantil A Femenino mídese ao Orzán SD Infantil B Femenino en partido que foi aprazado a finais do mes de outubro.

O groso da xornada xogarase no transcurso da fin de semana.

O sábado 25 destaca a visita do Deportivo ABANCA B ao Olímpico de León, a partir das 15:45 no Estadio Olímpico de León.

As xogadoras de Óscar Orro, a 1 punto do liderado, volven á competición en Tercera Federación FutFem após o parón da pasada fin de semana.

Aínda que varias xogadoras estiveron convocadas coa selección galega sub-17 para un partido amigable onte martes 21 no campo de Chaín (Gondomar) ante o Lóstrego CF: Elena Vázquez, Lucía Rivas, Maca González e Sara Cercido.

Ademais dos dous benxamíns, só se disputa o sábado un partido en Abegondo. O Cadete, líder, recibirá ao CD Areosa na División de Honra a partir das 11:30.

Como local, neste caso en San Pedro de Visma, o Orzán SD Cadete Femenino, ao mando do subgrupo 1º da Liga Galega, recibe ao PM Friol ás 16:00 horas.

Hoxe mércores 22, tres orzanistas adestráronse coa selección galega sub-15 no campo da Braña (Rois): Antía Veiga, Claudia Sande e Daniela Macedo.

Fóra de casa compiten o resto dos equipos: o Xuvenil B en Ferrol ante o Racing (16:00), o San Tirso SD Cadete en Pontevedra co Salgueiriños FC (18:00), o Infantil en Bertamiráns (17:20), o San Tirso SD Infantil en Ourense co Pabellón CF (12:30), o Orzán SD Infantil A Femenino en Arzúa (16:00) e o Orzán SD Infantil B Femenino en Antas de Ulla (12:15).

O domingo 25 destaca o partido do Fabril en Abegondo ante o CD Cayón, a partir das 12:00 (Youtube RC Deportivo).

O filial recupera a Kevin Sánchez, que logrou en Georgia coa selección española sub-19 o pase a Rolda Elite de clasificación para o Campionato de Europa.

O canteirán foi titular en 2 dos 3 partidos co combinado nacional e anotou 1 gol.

O Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes da Cidade Deportiva.

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar aforamento e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir aos partidos, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición do aforamento nun proceso 100 % telemático.

Tamén está habilitado simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

Tamén xoga en casa, concretamente na Torre, o Orzán SD B sub-16 Femenino, que en Segunda Autonómica mídese ao UD Carral a partir das 16:00 horas.

O resto de equipos compiten como visitantes na xornada dominical.

O Xuvenil A enfróntase na Cheda (12:15) ao CD Lugo co obxectivo de instalarse no grupo de cabeza da División de Honra.

Pecha a xornada o partido de Primera Autonómica do Orzán SD Xuvenil Femenino en Noia (18:30).

Neste equipo, varias xogadoras estiveron convocadas coa selección galega sub-17 no citado partido amigable en Gondomar: Emma Gandoy, Laura Santos, Noa Fariña e Noelia Mayo.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
11ª xornada: OLÍMPICO DE LEÓN - DEPORTIVO ABANCA B, o sábado 25 de novembro ás 15:45 no Estadio Olímpico de León
Clasificación da Tercera Federación FutFem: 1. Real Avilés CF e Lóstrego CF, 28 puntos; 3. Deportivo ABANCA B, 27 puntos; 4. Sárdoma CF, 21 puntos; 5. Olímpico de León, 19 puntos...

11ª xornada: CF NOIA - ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO, o domingo 26 de novembro ás 18:30 no Anexo Julio Mato (Noia)
Clasificación da Primera Autonómica: 1. Bergantiños CF, 25 puntos; 2. Orzán SD Xuvenil Femenino, 22 puntos; 3. SD O Val e Lóstrego CF B, 20 puntos... 16. CF Noia, 5 puntos

11ª xornada: ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO - UD CARRAL, o domingo 26 de novembro ás 16:00 na Torre (campo 1)
Clasificación da Segunda Autonómica, subgrupo 1º: ... 9. UD Carral, Xallas FC e UD Santiso FC, 12 puntos; 12. Orzán SD B sub-16 Femenino, 11 puntos; 13. Cultural Maniños, 9 puntos...

11ª xornada: ORZÁN SD CADETE FEMENINO - PM FRIOL, o sábado 25 de novembro ás 16:00 en San Pedro de Visma (campo 2)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Cadete Femenino, 27 puntos; 2. Victoria CF (un partido menos) e Escuela FB Amistade (un partido menos), 21 puntos... 11. PM Friol (un partido menos), 8 puntos...

6ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO - ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO, o venres 24 de novembro ás 19:00 en Abegondo
11ª xornada: ARZÚA FCF - ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO, o sábado 25 de novembro ás 16:00 no campo de O Viso (Arzúa)
11ª xornada: ANTAS SD - ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO, o sábado 25 de novembro ás 12:15 no campo Castro Seoane (Antas de Ulla)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo 1º: 1. Victoria CF e Orzán SD Infantil A Femenino, 24 puntos; 3. SCD Pastoriza (un partido máis), 21 puntos... 10. Antas SD (dous partidos máis), 9 puntos; 11. Arzúa FCF (dous partidos máis), 8 puntos; 12. Orzán SD Infantil B Femenino e AD Cristo Rey (dous partidos máis), 4 puntos...

Segunda Federación
13ª xornada: FABRIL - CD CAYÓN, o domingo 26 de novembro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación: ... 9. RS Gimnástica de Torrelavega, 15 puntos; 10. Fabril e Coruxo FC, 14 puntos... 16. CD Cayón, 9 puntos... 

Categoría xuvenil
12ª xornada: CD LUGO - XUVENIL A, o domingo 26 de novembro ás 12:15 na Cheda (Lugo)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 27 puntos; 2. Real Oviedo, 26 puntos; 3. Real Racing Club, 24 puntos; 4. Xuvenil A, 23 puntos; 5. SD Compostela, 22 puntos... 12. CD Lugo, 10 puntos... 

13ª xornada: RACING DE FERROL - XUVENIL B, o sábado 25 de novembro ás 16:00 no Pote (Maniños)
Clasificación da Liga Nacional: 1. Xuvenil B, 36 puntos; 2. RC Celta B, 26 puntos... 8. Racing de Ferrol, 16 puntos... 

Categoría cadete
11ª xornada: CADETE - CD AREOSA, o sábado 25 de novembro ás 11:30 en Abegondo
11ª xornada: SALGUEIRIÑOS FC - SAN TIRSO SD CADETE, o sábado 25 de novembro ás 18:00 no campo Manolo Barreiro 1 (Pontevedra)
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 30 puntos; 2. RC Celta, 28 puntos; 3. CD Conxo Santiago, 25 puntos... 9. Salgueiriños FC, 15 puntos... 12. CD Areosa, 9 puntos... 14. San Tirso SD Cadete, 7 puntos...

Categoría infantil
10ª xornada: BERTAMIRÁNS FC - INFANTIL, o sábado 25 de novembro ás 17:20 no Municipal de Bertamiráns
10ª xornada: PABELLÓN OURENSE CF - SAN TIRSO SD INFANTIL, o sábado 25 de novembro ás 12:30 no campo Miguel Ángel (Os Remedios, Ourense)
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 27 puntos; 2. RC Celta, 25 puntos; 3. ED Val Miñor Nigrán e AJ Lérez, 17 puntos... 9. Pabellón Ourense CF, 12 puntos; 10. Ural Español CF, 10 puntos; 11. San Tirso SD Infantil, 9 puntos; 12. UD Santa Mariña e Bertamiráns FC, 8 puntos...

Categoría alevín
6ª xornada: ALEVÍN A - VICTORIA CF, o sábado 25 de novembro ás 19:00 na Torre (campo 2.2)
3ª xornada (onte martes): VICTORIA CF 0 - FABRIL FC ALEVÍN 3 (Thiago López, Nico Rodríguez-Ponce e Miguel Candal)
6ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF, o sábado 25 de novembro ás 9:30 na Torre (campo 1.2)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: 1. Fabril FC Alevín (un partido máis), 15 puntos; 2. Alevín A, 12 puntos; 3. Atlético Coruña Montañeros CF, 9 puntos; 4. Victoria CF (un partido máis), 8 puntos...

Categoría benxamín
6ª xornada: ORILLAMAR SD - BENXAMÍN A, o sábado 25 de novembro ás 11:30 na Torre (campo 1.1)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: 1. Ural Español CF (un partido máis), 12 puntos; 2. Benxamín A e Victoria CF, 9 puntos; 4. Atlético Coruña Montañeros e Orillamar SD (un partido máis), 6 puntos...

6ª xornada: OLÍMPICO CF - FABRIL FC BENXAMÍN, o sábado 25 de novembro ás 12:00 no Complexo Deportivo de Vilaboa
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 2º: 1. Fabril FC Benxamín (un partido menos), 12 puntos; 2. UD Carral, 10 puntos... 8. Olímpico CF (un partido máis), 3 puntos...