RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Calendario de partidos en ANOSACANTEIRA, con inicio de liga para os infantís e o Orzán SD Xuvenil Femenino; e con derbi xuvenil

Despois dunha xanela de convocatorias internacionais para Mella, Kevin, Iano Simão e José Rey, #ANOSACANTEIRA encara unha nova fin de semana de partidos de liga, aos que se unen os dous equipos infantís da División de Honra.

A Fabril visita ao Marino de Luanco o domingo ás 17:00 en Miramar. Os fabrilistas chegan ao partido co resaibo amargo da derrota da pasada fin de semana en Abegondo ante o Rayo Cantabria.

Mañá xoves espérase a presenza de Iano Simão en Abegondo co resto do equipo despois do seu paso pola selección de Guinea-Bisáu para o seu partido de clasificación da Copa de África ante Sierra Leona.

No filial é baixa segura a meta Hugo Ríos, que se viu obrigado a pedir o cambio o pasado domingo por unha fractura no esternón.

Pola súa banda, o Deportivo ABANCA B, que liquidou con triunfo ante o Victoria FC o seu inicio de liga en Tercera Federación FutFem, visita ao Umia CF o sábado a partir das 17:30 no campo da Bouza (Barrantes).

En canto ao resto de categorías, co inicio de liga para o Orzán SD Xuvenil Femenino en Primera Autonómica (domingo ás 12:00 na Torre ante o Umia CF B), para o Infantil (sábado ás 12:00 en Lugo) e para o San Tirso SD Infantil (sábado ás 10:00 en Conxo), #ONOSODERBI xuvenil na División de Honra, o domingo 17 de setembro ás 12:00 en Barreiro, será o partido destacado dunha fin de semana en ANOSACANTEIRA.

Os pupilos de Manuel Pablo encaran este choque, correspondente á 3ª xornada, despois do tropezón (3-4) en Abegondo ante unha efectiva SD Compostela. Fronte a fronte estarán os dous grandes favoritos ao título.

Ademais dos citados, o sábado 16 xoga en Abegondo o Cadete ante o Coruxo FC (12:00); e fóra de casa o Xuvenil B en Porriño (18:00).

E tamén o domingo 17 o San Tirso SD Cadete mídese na Coruña ao Victoria CF (12:00, San Pedro de Visma) na 2ª xornada da División de Honra. 

Finalmente continúan en pretemporada os dous equipos alevíns, que disputan a II edición da Copa Deputación da Coruña en Sigüeiro (Oroso); e os dous benjamines, con torneo en Arcade.

O calendario de partidos é o seguinte:

Categoría feminina
Tercera Federación Futfem, 2ª xornada: UMIA CF - DEPORTIVO ABANCA B, o sábado 16 de setembro ás 17:30 na Bouza (Barrantes, Ribadumia)

Primera División Autonómica, 1ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO - UMIA CF B, o domingo 17 de setembro ás 12:00 na Torre (campo 1) 

Segunda Federación
3ª xornada: MARINO DE LUANCO - FABRIL, o domingo 17 de setembro ás 17:00 no campo de Miramar (Luanco)

Categoría xuvenil
División de Honra, 3ª xornada: RC CELTA - XUVENIL A, o domingo 17 de setembro ás 12:00 en Barreiro (Vigo)

Liga Nacional, 2ª xornada: PORRIÑO INDUSTRIAL FC - XUVENIL B, o sábado 16 de setembro ás 18:00 no Lourambal 2 (Porriño)

Categoría cadete
División de Honra, 2ª xornada: CADETE - CORUXO FC, o sábado 16 de setembro ás 12:00 en Abegondo

División de Honra, 2ª xornada: VICTORIA CF - SAN TIRSO SD CADETE, o domingo 17 de setembro ás 12:00 en San Pedro de Visma (campo 1)

Categoría infantil
División de Honra, 1ª xornada: CD LUGO - INFANTIL, o sábado 16 de setembro ás 12:00 no Municipal Rodríguez Lago 1 (Lugo)

División de Honra, 1ª xornada: CD CONXO SANTIAGO - SAN TIRSO SD INFANTIL, o sábado 16 de setembro ás 10:00 no campo da Merced (Conxo, Santiago)

Categoría alevín
II Torneo Deputación da Coruña, no campo Lino Balado (Sigüeiro, Oroso)
Sábado 16 de setembro
Primeira Fase
10:00: ALEVÍN A - RACING SAN LORENZO (campo 2)
13:20: ALEVÍN A - EF CONCELLO DE CARNOTA (campo 2)
16:40: ALEVÍN A - EUME DEPORTIVO (campo 2)
Os dous primeiros de grupo pasan a unha Segunda Fase, que arrinca o domingo 17 ás 10:00 horas

II Torneo Deputación da Coruña, no campo Lino Balado (Sigüeiro, Oroso)
Sábado 16 de setembro
Primeira Fase
10:25: FABRIL FC ALEVÍN - PORTO DO SON CF (campo 1)
13:45: FABRIL FC ALEVÍN - SD ESTEIRANA (campo 1)
17:05: FABRIL FC ALEVÍN - ED XUVENTUDE DE OROSO (campo 1)
Os dous primeiros de grupo pasan a unha Segunda Fase, que arrinca o domingo 17 ás 10:00 horas

Categoría benjamín
Trofeo Concello de Arcade, no campo do Salgueirón (Soutomaior)
Sábado 16 de setembro
Primeira Fase
10:30: BENXAMÍN A - AD VILA DE CORPUS (Campo 1)
12:30: BENXAMÍN A - CD CHOCO (campo 1)
15:00: BENXAMÍN A - ALONDRAS CF (campo 1)
Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final e o resto xogará unha Fase de Consolación

Trofeo Concello de Arcade, en campo do Salgueirón (Soutomaior)
Sábado 16 de setembro
Primeira Fase
11:30: FABRIL FC BENXAMÍN - CD AREOSA
13:30: FABRIL FC BENXAMÍN - AROSA SC
16:00: FABRIL FC BENXAMÍN - EF DENIS SUAREZ
Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final e o resto xogará unha Fase de Consolación