RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Calendario de partidos en ANOSACANTEIRA que abre mañá venres o Cadete en Abegondo

O calendario de partidos de #ANOSACANTEIRA ábreo mañá venres 15 de marzo o Cadete, que recibe en Abegondo ás 18:00 ao CD Lugo que dirixe o ex deportivista Diego Seoane.

Os branquiazuis lideran a División de Honra con 67 puntos por 58 do RC Celta B, 2º clasificado.

En canto ao sábado, teñen cita oficial un total de 9 equipos.

En casa xogan o San Tirso SD Cadete ante o Arosa SC (12:00 no Monte) e o Orzán SD Infantil B Femenino ante o Victoria FC (12:00 na Torre).

Fóra compiten tres líderes: o Xuvenil B de Liga Nacional visita ao Bergantiños CF (12:00), o Infantil de División de Honra (na foto da noticia no amigable disputado onte mércores fronte ao San Tirso SD B cadete) ao Pabellón Ourense CF (12:15) e o Orzán SD Cadete Femenino de Liga Galega ao SCD Pastoriza (16:30).

Así mesmo, os dous equipos alevíns e os dous benxamíns arrincan o sábado a Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8.

O formato de competición é de liga todos contra todos a dobre volta. Ao concluír, os 3 primeiros accederán á Fase Intermedia do Campionato Galego.

No Alevín A, Enzo Bértoa, Hugo Macedo, Nacho Villanueva e Iván Gil participaron onte mércores coa selección galega sub-12 nun amigable ante o RC Celta de categoría infantil no campo da Madroa (Vigo).

O domingo 17 de marzo a quenda é para os dous filiais.

O Fabril recibe en Abegondo ás 17:00 (Youtube RC Deportivo) á RS Gimnástica de Torrelavega.

No filial os protagonistas da semana foron Kevin Sánchez e Diego Gómez. O primeiro está convocado, do mesmo xeito que David Mella, pola selección española sub-19 para o Mini Torneo Fase Elite que terá lugar en Eslovenia do 17 ao 27 deste mes de marzo.

O atacante fabrilista viaxará a Madrid após o partido, antes de desprazarse con todo o equipo o luns ao citado país centroeuropeo.

Os rivais de España no torneo son Eslovenia, Kósovo e Austria.

Pola súa banda, Diego Gómez prolongou a súa vinculación ao Dépor até xuño de 2028. A súa renovación súmase ás asinadas nos últimos meses por Mella, Dani Barcia, Brais Suárez, Martín Ochoa e Iano (2026), Yeremay (2026 e un ano máis automático en caso de ascenso a Segunda esta temporada ou a próxima), Kevin e Rubén López (2028), nunha clara mostra da confianza do Club no bo traballo realizado na Cidade Deportiva.

O Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes de Abegondo para o partido.

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar aforamento e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir aos partidos, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición do aforamento nun proceso 100 % telemático.

A xestión pode realizarse até completar o aforamento. As socias e socios do RC Deportivo terán prioridade para a retirada da súa entrada gratuíta até esta noite ás 23:59 h.

A partir dese momento, se houbese aforamento aínda dispoñible, habilitarase simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

Pola súa banda, o Deportivo ABANCA B enfróntase en Mareo (16:00) a outro filial, o Sporting de Gijón B.

No vestiario deportivista é baixa Elena Vázquez, concentrada coa selección española sub-17 para disputar a Rolda 2 de clasificación para o Campionato de Europa da categoría.

Tamén na xornada dominical, o Xuvenil A, en loita polo título da División de Honra, non pode fallar ás 12:30 en Santander ante o Bansander.

No Monte, o San Tirso SD Infantil mídese ao Victoria CF (12:00) na División de Honra; e o Alevín branquiazul ao San Tirso SD (10:15) no Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.

Os partidos dos 'orzanes' o domingo ás 18:00 na Torre, o Orzán SD Xuvenil Femenino ante o Sporting Cambre e o Orzán SD B sub-16 Femenino fronte ao SDC San Roque, poñen o punto e final ao fin de semana.

Finalmente, toca descanso para o Orzán SD Infantil A Femenino posto que na Liga Galega tócalle enfrontarse ao Sofán SD, equipo retirado da competición.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
23ª xornada: SPORTING DE GIJÓN B - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 17 de marzo ás 16:00 en Mareo (campo 3)
Clasificación da Tercera Federación FutFem: 1. Real Avilés CF, 60 puntos; 2. Deportivo ABANCA B, 50 puntos; 3. Olímpico de León, 40 puntos... 9. Sporting de Gijón B, 25 puntos... 

22ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO - SPORTING CAMBRE, o domingo 17 de marzo ás 18:00 na Torre (campo 2)
Clasificación da Primera Autonómica: 1. Bergantiños CF, 47 puntos; 2. Orzán SD Xuvenil Femenino, 46 puntos; 3. Lóstrego CF B, 41 puntos... 10. Sporting Cambre, 28 puntos...

22ª xornada: ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO - SDC SAN ROQUE, o domingo 17 de marzo ás 18:00 na Torre (campo 1)
Clasificación da Segunda Autonómica, subgrupo 1º: ... 4. SDC San Roque, 39 puntos... 8. UC Cee, 34 puntos; 9. UD Carral, 31 puntos; 10. Orzán SD B sub-16 Femenino e Brexo Lema SD, 30 puntos; 12. Cultural Maniños, 22 puntos...

22ª xornada: SCD PASTORIZA - ORZÁN SD CADETE FEMENINO, o sábado 16 de marzo ás 16:30 no Municipal de Pastoriza (Arteixo)
Clasificación da Liga Galega cadete, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Cadete Femenino, 60 puntos; 2. Victoria CF, 54 puntos... 5. SCD Pastoriza (un partido menos), 39 puntos...

22ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO - VICTORIA FC, o sábado 16 de marzo ás 12:00 na Torre (campo 1)
Clasificación da Liga Galega infantil, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Infantil A Femenino, 56 puntos; 2. Victoria CF (un partido menos), 55 puntos; 3. Racing de Ferrol (un partido menos), 49 puntos; 4. Victoria FC, 43 puntos... 11. Sporting Burgo (un partido menos), 18 puntos; 12. Orzán SD Infantil B Femenino, 14 puntos; 13. AD Cristo Rey, 12 puntos...

Segunda Federación
27ª xornada: FABRIL - RS GIMNÁSTICA DE TORRELAVEGA, o domingo 17 de marzo ás 17:00 en Abegondo
Clasificación: ... 9. Real Valladolid Promesas, 33 puntos; 10. Marino de Luanco e Coruxo FC, 32 puntos; 12. RS Gimnástica de Torrelavega, 31 puntos; 13. Fabril e Racing Villalbés, 30 puntos; 15. Real Oviedo Vetusta, 29 puntos; 16. CD Cayón e CD Covadonga, 23 puntos...

Categoría xuvenil
24ª xornada: BANSANDER - XUVENIL A, o domingo 17 de marzo ás 12:30 no campo de Monte (Santander)
Clasificación da División de Honra: 1. Real Racing Club, 54 puntos; 2. Xuvenil A e Real Oviedo, 51 puntos; 4. RC Celta, 50 puntos; 5. SD Compostela, 41 puntos... 11. Bansander, 26 puntos...

26ª xornada: BERGANTIÑOS CF - XUVENIL B, o sábado 16 de marzo ás 12:00 nas Eiroas (Carballo)
Clasificación da Liga Nacional: 1. Xuvenil B, 67 puntos; 2. RC Celta B, 63 puntos... 14. Bergantiños CF, 26 puntos...

Categoría cadete
24ª xornada: CADETE - CD LUGO, mañá venres 15 de marzo ás 18:00 en Abegondo
24ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - AROSA SC, o sábado 16 de marzo ás 12:00 no Monte
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 67 puntos; 2. RC Celta, 58 puntos... 4. Arosa SC, 44 puntos... 6. Ural Español CF e ED Xuventude de Oroso, 34 puntos; 8. Salgueiriños FC, 33 puntos; 9. San Tirso SD Cadete e CD Lugo, 31 puntos; 11. Coruxo FC, 27 puntos...

Categoría infantil
Amigable (onte mércores): INFANTIL A 3 (Picallo, Álvaro e Nikolay) - SAN TIRSO B (cadete) 1
22ª xornada: PABELLÓN OURENSE CF - INFANTIL, o sábado 16 de marzo ás 12:15 nos Remedios, campo Miguel Ángel (Ourense)
22ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - VICTORIA CF, o domingo 17 de marzo ás 12:00 no Monte
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 61 puntos; 2. RC Celta, 53 puntos... 4. Victoria CF, 36 puntos... 8. Pabellón Ourense CF e CD Areosa, 31 puntos; 10. San Tirso SD Infantil e UD Santa Mariña, 24 puntos; 12. CD Conxo Santiago, 21 puntos...

Categoría alevín
4ª xornada: SAN TIRSO SD - ALEVÍN, o domingo 17 de marzo ás 10:15 no Monte
Clasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, subgrupo norte: 1. CD Lugo (un partido máis), 12 puntos; 2. Alevín, 9 puntos; 3. Ural Español CF, ED Luis Calvo Sanz, Atlético Coruña Montañeros CF, CD Calasanz e San Tirso SD, 6 puntos...

Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 1ª xornada: ALEVÍN A - ED LUÍS CALVO SANZ, o sábado 16 de marzo ás 11:00 na Torre (campo 2.1)

Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 1ª xornada: SADA CF A - FABRIL FC ALEVÍN, o sábado 16 de marzo ás 12:45 no campo das Mariñas - Andrés Pena (Sada)

Categoría benxamín
Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 1ª xornada: UD CARRAL - BENXAMÍN A, o sábado 16 de marzo ás 11:00 no Municipal Borja Rodríguez Ans (Carral)

Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 1ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - ED LUÍS CALVO SANZ, o sábado 16 de marzo ás 12:00 na Torre (campo 2.1)