RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Calendario en ANOSACANTEIRA, co Fabril o sábado en Murcia e o Xuvenil A o domingo en ABANCA-RIAZOR

De novo o Fabril e o Xuvenil A (na foto da noticia) centran a atención da fin de semana en ANOSACANTEIRA.

O sábado 17 ás 19:00 a Fabril visita ao UCAM Murcia CF no partido de volta da primeira eliminatoria de ascenso a Primera Federación.

A ida, disputada en ABANCA-RIAZOR o pasado domingo, acabou en empate sen goles.

Manuel Pablo fala de eliminatoria "aberta" aínda que os fabrilistas deben buscar o triunfo. En caso de chegarse con empate após o partido e a prórroga pasarán os murcianos á final pola súa condición de terceiro clasificado en liga no seu grupo.

O domingo 18, o Xuvenil A recibe ao CD Tenerife en ABANCA-RIAZOR ás 12:00 (YouTube RC Deportivo).

O pase á Final Four de Ponferrada está encarrilado para os de Miguel Figueira despois dun 0-6 na ida disputada na Cidade Deportiva do CD Tenerife a pasada fin de semana.

O RC Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes de ABANCA-RIAZOR para o partido.

Poden retirar a súa invitación (gratuíta e obrigatoria) e outra a maiores de acompañante, en principio para Tribuna Inferior, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Tamén está habilitado simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 5 euros.

En canto ao resto de categorías, o sábado 17 o Xuvenil B recibe en Abegondo ao Victoria CF a partir das 11:30. Os branquiazuis lideran a Liga Nacional con 1 punto de vantaxe sobre o RC Celta B a falta de 3 partidos.

Teñen descanso os cadetes e infantís, cuxos partidos correspondentes a esta xornada xa os disputaron con anterioridade.

Pola súa banda, os infantís branquiazuis Hugo Ferreirós, Antón Vilariño, Thiago Montes e Adrián Fernández; ademais de Iván Gil e Hugo Macedo do San Tirso SD Infantil estarán coa selección galega sub-14 esta fin de semana en Madrid na Fase de Plata do Campionato en España.

A esta mesma competición acudirán con Galicia sub-16 os cadetes deportivistas Ramón Blanco, Samba Wade, Ander Salazar e Gael Irimia; con Raúl Lema, Nikokay Dyulguerov, Roi Castro e Sergio Cortizo, do San Tirso SD Cadete.

Finalmente nas Eiroas (Carballo), o Alevín A e os dous equipos benxamíns disputan o sábado 17 a Fase Intermedia do Campionato Galego de fútbol 8.

O formato de competición é de liga a unha soa volta no que os dous primeiros de cada grupo pasarán a semifinais, cuxos gañadores se clasificarán para a Fase Final en Vilalba.

O calendario de partidos é o seguinte:

Play off de ascenso a Primera Federación
Primeira eliminatoria, volta: UCAM MURCIA CF - FABRIL, o sábado 17 de maio ás 19:00 no Estadio Be Soccer La Condomina (Murcia). Na ida: 0-0

Categoría xuvenil
Cuartos de final da Copa de Campións, volta: XUVENIL A - CD TENERIFE, o domingo 18 de maio ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR. Na ida: 0-6

32ª xornada: XUVENIL B - VICTORIA CF, o sábado 17 de maio ás 11:30 en Abegondo
Clasificación da Liga Nacional: 1. Xuvenil B, 77 puntos; 2. RC Celta B, 76 puntos; 3. Racing de Ferrol, 67 puntos... 13. Victoria CF, 35 puntos...

Categoría cadete
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete (un partido máis), 86 puntos; 2. RC Celta, 85 puntos; 3. ED Val Miñor Nigrán, 60 puntos; 4. San Tirso SD Cadete (un partido máis), 56 puntos; 5. Arosa SC, 55 puntos; 6. SD Compostela, 52 puntos...

Amigable: SAN TIRSO SD CADETE - CD CALASANZ (xuvenil), o venres 16 de maio ás 18:00 en Abegondo (campo de herba sintética)

Categoría infantil
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 76 puntos; 2. Infantil (un partido máis), 74 puntos; 3. Pabellón Ourense CF (un partido máis), 61 puntos... 5. ED Val Miñor Nigrán, 54 puntos; 6. CD Lugo (un partido máis) e San Tirso SD Infantil, 40 puntos; 8. Atlético Coruña Montañeros CF (un partido máis), 39 puntos; 9. AJ Lérez e CD Conxo Santiago, 38 puntos... 

Categoría alevín
Clasificación final do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, grupo norte: 1. Alevín, 31 puntos; 2. CD Lugo, 26 puntos...

Fase Intermedia do Campionato Galego de fútbol 8, nas Eiroas
Sábado 17 de maio
Primera Fase
10:20: CD LUGO - ALEVÍN A (campo 1)
12:05: ALEVÍN A - URAL ESPAÑOL CF (campo 2)
16:35: RACING VILLALBÉS - ALEVÍN A (campo 1)
18:20: CD CONXO SANTIAGO - ALEVÍN A (campo 2)
Os dous primeiros de grupo pasan ás semifinais, que se xogarán a continuación

Categoría benxamín
Fase Intermedia do Campionato Galego de fútbol 8, nas Eiroas
Sábado 17 de maio
Primera Fase
10:55: AD RIO OURO - BENXAMÍN A (campo 1)
12:40: BENXAMÍN A - FABRIL FC BENXAMÍN (campo 2)
17:10: BERTAMIRÁNS FC - BENXAMÍN A (campo 1)
18:55: XALLAS FC - BENXAMÍN A (campo 2)
Os dous primeiros de grupo pasan ás semifinais, que se xogarán a continuación

Fase Intermedia do Campionato Galego de fútbol 8, nas Eiroas
Sábado 17 de maio
Primera Fase
10:55: FABRIL FC BENXAMÍN - XALLAS FC (campo 2)
12:40: BENXAMÍN A - FABRIL FC BENXAMÍN (campo 2)
14:25: AD RIO OURO - FABRIL FC BENXAMÍN (campo 2)
18:55: BERTAMIRÁNS FC - FABRIL FC BENXAMÍN (campo 1)
Os dous primeiros de grupo pasan ás semifinais, que se xogarán a continuación