RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Canle Plus retransmitirá os encontros do Deportivo na UEFA

Na madrugada de onte, o Director Xeral de Canle Plus, José Manuel Lorenzo e o Presidente do Deportivo, Augusto Cesar Lendoiro, pecharon un acordo para que a citada cadea ofreza esta noite, en codificado, o encontro de ida da segunda rolda da Copa da UEFA

Canle Plus retransmitirá así mesmo para Galicia, codificados, os partidos que dispute o Deportivo na UEFA CUP. A cadea xa tiña estes dereitos para o resto de España. Confírmase, por tanto, que o partido será ofrecido en directo en codificado e mantén aberta a posibilidade, aínda que de momento non se recibiu ningunha oferta concreta por parte das televisións que poden optar a esta posibilidade, para retransmitir o partido en aberto para o territorio galego.