RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Caparrós: Aquí o que importa é gañar un Trofeo de gran prestixio no mundo do fútbol

Joaquín Caparrós compareceu esta mañá ante os medios informativos na sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol'. Estas foron algunhas das súas frases: Trofeo Teresa Herrera "De amigable nada. Aquí o que importa é crecer, gañar prestixio,

Partido en Marsella
"Iso está moi lonxe aínda. Quédannos moitos días por diante. Eu prefiro ir paso a paso, partido a partido. Falta o Trofeo Teresa Herrera, o tres días de descanso que teremos a próxima semana, martes, mércores e xoves...".
Coloccini
"Loxicamente estás preocupado cando un futbolista está de baixa porque calquera adestrador quere ter a todos os seus homes á súa disposición e darlle voltas á cabeza para facer unha aliñación. Pero onte fixéronselle outras probas e nelas volveuse a demostrar que non ten absolutamente nada grave no seu xeonllo".
Diego Tristán
"Díxenlle que vai xogar os dous partidos do Trofeo, para que colla ritmo. Está a traballar moi ben, e ademais con boas sensacións. Como é un futbolista que ten gol, iso xa lle virá. Un dianteiro é un futbolista de refachos"..
Héctor
"Vai xogar tamén de inicio. É un xogador moi importante para nós e cento por cento do Deportivo".
Obxectivos na liga
"Se está lonxe Marsella, imaxínache ti o principo de Liga. Nós temos que ir paso a paso. Outros equipos reforzáronse moito, pero en ilusión e traballo seguro que non nos vai a gañar ninguén".
Baixa de Sergio en Marsella
"Neste Trofeo Teresa Herrera vai xogar Scaloni e é posible que en Marsella tamén. Pero temos outros futbolistas aí preparados como Toro Acuña, Víctor, De Guzmán..."
Incorporación dun dianteiro
"A verdade é que o club está a traballar fenomenalmente ben neste tema. Hai varias frontes abertas pero imos ir con tranquilidade, sen precipitarnos".