RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Cardoso, Queijeiro, Luís Alberto e Manuel Pablo exercitáronse esta tarde á marxe do grupo

Miguel Cardoso, Álvaro Queijeiro, Luís Alberto e Manuel Pablo adestráronse esta tarde á marxe do grupo, que realizó un traballo físico no campo de golf do Hotel Balneario & Golf Club de Guitiriz (Lugo).

Os porteiros tiveron adestramento no ximnasio do complexo hoteleiro lucense.

Mañá mércores haberá sesión de fútbol pola mañá en Abegondo e partido na Malata ante o Racing de Ferrol (20.30 horas) pola tarde.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 15 de xullo
10.00: Adestramento en Abegondo
20.30: Racing de Ferrol - Deportivo na Malata

Xoves 16 de xullo
10.00: Adestramento en Abegondo
19.00: Adestramento en Guitiriz

Venres 17 de xullo
10.00: Adestramento en Abegondo
19.00: Racing Vilalbés - Deportivo no campo da Magdalena de Vilalba