Carmelo del Pozo púxose a disposición dos medios de comunicación esta mañá na sala de prensa de Abegondo, após finalizar onte o prazo para a incorporación de futbolistas.
O Director Deportivo branquiazul quixo en primeiro lugar dar as grazas ao "Presidente, Consello de Administración e a moitísima xente dentro do Club en departamentos que non están moi de cara ao público como o departamento económico, o de mercadotecnia, comunicación... Moita xente que houbo ao redor do Club con presenza activa dentro ou fóra, que che apoia moito. Agradecemento polo esforzo, pola comprensión, pola axuda que tivemos para sacar adiante unha situación complicada. Grazas a vós, os xornalistas, e á masa social por entender os tempos dun mercado que foi bastante complicado e que creo que saíu adiante de forma satisfactoria".
Estas foron algunhas das súas frases:
Valoración do mercado
"Debemos estar satisfeitos de como saíu todo".
Saída da columna vertebral
"Tiñamos claro cal ía ser o plan. O que había que dicir é unha cousa para tentar conseguir o obxectivo, que era un plan de viabilidade que se marcou o ano pasado".
"Ese plan baseábase nuns axustes de cadro, económicos, estruturais. Nese plan había xogadores que podían ser importantes pero en aspectos económicos complicaban a situación. Para sacar a estes xogadores adiante nunha situación vantaxosa para o Club había que mostrar de portas para fóra unha idea de certa fortaleza se non non terías posibilidade de conseguir certos obxectivos económicos".
Limite salarial
"Non o sei exacto. Pero a liga darávolo a todos".
Igualdade de condicións con outros clubs
"Cada Club ten unhas circunstancias diferentes. Uns teñen uns donos, outros teñen unha masa social grande que saca adiante o Club. Iso permite situacións contractuais que che facilitan achega económica maior ou menor. Outros teñen saída de traspasos por relacións con outros clubs".
"En consonancia coa liga marcouse un plan de viabilidade, iniciado xa o ano pasado en Segunda cuns axustes económicos. Se ha ir coordinando todo para facelo máis ou menos ben e que nos atopemos cun cadro que entendemos que é bastante competitivo".
Canteira do Dépor
"O cadro non é de 25. É de 2 por posto e dar cabida á entrada de xogadores de abaixo. A reestruturación que se fixo no primeiro equipo fíxose no Fabril coa incorporación de rapaces no equipo, a maioría sub-23".
"A idea é ir baixando o número de xogadores e ter 3, 4 ou 5 xogadores abaixo que a achega sexa boa".
"A mensaxe á canteira é que o outro día foron convocados 3 xogadores co primeiro equipo. E xogaron deles 2. Non creo que sexa unha mensaxe inequívoca".
Diego Caballo
"Cando se pechou a chegada dun lateral esquerdo onte falamos con Caballo. Diego tivo opcións de saír en varios momentos. Cando pasou o de onte expúxoselle a posibilidade de irse cedido. El entendeu que prefería saír. Entendemos que se el vía boa esa posibilidade pois se lle abría a opción de saír".
"O mercado de fichaxes está aberto cando a competición empezou. En todos os equipos houbo xogadores que xogaron e que ao día seguinte se marcharon".
"É mellor que o rapaz salga e xogue a que queden 3 laterais esquerdos no cadro".
Centrais e Nolaskoain
"Falouse hai 15 días con Peru (Nolaskoain). Antes co Athletic. Entendeu o rapaz e o Athletic que as súas posibilidades eran mellores no posto de mediocentro. A partir de aí tentamos atopar un bo central no perfil que non tiñamos. Sobre iso se ha ir traballando. O mercado era bastante complicado. Ao final creo que acertamos na decisión".
Cinco futbolistas no último día
"Era imposible doutra maneira. Tes que liberar coa saída de Diego Rolan que che consumía unha barbaridade de diñeiro entre a amortización e o contrato que tiña. Mentres non fixeses iso, non podías asinar".
"Había que tentar ter a eses xogadores captados. Hai que agradecerllo aos xogadores, aos axentes, aos clubs propietarios dos seus dereitos. Foron súper comprensivos e demostran o valor que para eles supón vir ao Dépor, porque seguían tendo opcións".
"Ningunha concretouse debido ás 3 xornadas de liga. Tiñamos claro que había que ter un lateral esquerdo, un central, os extremos que quedamos coxos pola saída de Fede Cartabia e Pedro Sánchez. Todo estaba condicionado non aos resultados senón ao volume económico que manexaba Diego Rolan".
Manter a columna vertebral
"É unha estratexia. Se eu chego aquí e digo 'teño que sacar a 4 xogadores', o que veña por Edu Expósito quéreo levar gratis. Tes que tentar ter algunha arma que demostres a eses clubs que o xogador non vai saír fácil. Todos os clubs sabemos como están o resto dos clubs porque os clubs chaman á liga, a liga vaille a dar información".
Proxecto da temporada pasada e o desta
"Son dous proxectos distintos porque os limites salariais son distintos completamente. Os clubs téñense que adaptar á categoría na que están".
"Fixemos máis ou menos ben asegurarnos que determinados contratos, se nos tiñamos que quedar o segundo ano, podían ser viables".
"O que se conseguiu nos movementos do Dépor estes últimos anos é darlle seriedade. A coherencia tense que manter por riba de caprichos de ter un xogador ou outro".
Axustes económicos no Dépor
"Tes que facer fronte nun orzamento dun Club a ingresos e gastos. Se os teus gastos son altos e os teus ingresos non chegan a esa situación, tócache equilibrar. A única parte flexible é o límite salarial, que oscila durante a temporada, no verán, cos movementos que ti fagas. A liga quere que os teus gastos sempre se cumpran. Se non tes capacidade económica alta porque non veñen traspasos moi altos, o teu límite salarial será máis baixo".
Salva Ruiz e Beto da Silva
"Expuxéronse as opcións de cesión ou traspaso. A Valencia entendeu que era mellor o traspaso, de custo cero".
"No caso de Beto, aparece a posibilidade de ir Rolan a un equipo de México nuns números económicos. Exponse unha posibilidade económica algo mellor, e aparece a opción de traer a un xogador cun crecemento posible interesante e que nos pode achegar algo diferente ao que temos; e que nos beneficia máis nesa saída de Rolan".
Diego Rolan e Juárez
"Rolan sae a préstamo. Juárez faise cargo do salario, páganos unha parte da amortización que tiñamos pendente, e ten unha opción de compra o equipo ao que se ha ir a préstamo".
"A opción de compra de Rolan é opcional. E a de Beto co Deportivo non é igual en números".
Obxectivos do Dépor esta temporada
"Competir cada partido e facer un cadro competitivo".
"A competición é a que nos vai a dicir se as cousas vanse a conseguir ou non".
"O obxectivo é competir cada domingo. Se sumamos puntos estaremos na zona de ascenso".
Posibilidade dun futbolista libre
"Nada en absoluto. Só se houbese algunha desgraza, que esperemos que non, o cadro está pechado até xaneiro".
Críticas a Luis Ruiz polo partido en Huesca
"Aos xogadores hai que que sacarlles a análise despois de 6 ou 8 meses, non por un partido. Nese partido estivemos mal todos, non un xogador concreto".
Pedro Sánchez
"Foi unha situación persoal. Chamounos, pediunos saír. Aquí non se lle despediu nin cousas raras. O xogador tivo un problema familiar que tiña que arranxalo preto da súa zona familiar. En fútbol hai que ser persoas".
"Sae traspasado, a custo cero. Temos uns beneficios se o Albacete consegue uns obxectivos deportivos, tanto se é playoff ou ascenso. E non pode xogar contra o Deportivo".
Fede Cartabia
"Fede Cartabia e o seu axente tiveron un trato moi bo co Club. O ano anterior, o equipo baixa a Segunda, pódese ir cedido cando queira a un equipo de Primeira División. O xogador queda porque nós lle subimos o contrato. El entende que nos pode axudar a ascender. O segundo ano non existe esa posibilidade de mellora económica. El quere ter un bo salario e niso vai da man co Club e o seu axente para atopar unha oferta na que liberemos o seu salario e encima paga unha cantidade por ese préstamo que nos vén moi ben para axustar o cadro".
Papel de Anquela e Natxo González
"Apoieime igual en Natxo González que en Anquela polo debuxo".
"O sistema de Natxo é dunha maneira determinada e o de Anquela diferente. Falas con el e a partir de aí actuar".
"Agradecerlle a Anquela a súa comprensión. Non é fácil estar na competición sabendo que hai cousas que se teñen que facer pero que non se poden facer".
Xogadores do Atlético de Madrid: Montero e Mollejo
"Son dous xogadores que o propio Atlético non quería sacar. Tiñan unhas ofertas moi boas. Javi (Montero) ao principio non ía saír. Expúxose un traspaso e o Atlético non o quería sacar. Segundo avanza o verán aparece esa posibilidade. A marca do Club é moi boa e tivemos unha vantaxe grazas a iso. Onte foi un día complicado porque apareceron situacións económicas mellores que aquí. Pero o rapaz demostrou unha fortaleza persoal e dixo que tiña claro onde quería ir. Deu a palabra".
"Víctor (Mollejo) ten as ideas máis claras que un tío de 30 anos. El dixo que quería vir aquí desde o inicio do verán. Aparecéronlle cousas de Primeira División. Dixo que non, que se saía viña aquí".
"Son xente que a pesar da súa xuventude ten personalidade".
Ofertas por futbolistas nas últimas horas
"Onte houbo contactos con algún xogador máis para poder saír".
"Quería que os 22 tivesen ganas de quedar. Aquí hai 22. A partir de aí a traballar, ser positivos e a axudar ao adestrador".
