RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Carmelo: "A nosa idea é que haxa dous xogadores por posto e que se pelexen por ese posto"

Nada máis finalizar a presentación de Quique González, Carmelo del Pozo púxose a disposición dos medios de comunicación na sala de prensa de Abegondo para repasar os diferentes temas de interese da actualidade deportivista. Estas foron algunhas das súas respostas:

Quique González e Ortolá

"A idea é ter dous xogadores por posto, polivalentes, que puidesen adaptarse a diferentes sistemas. No caso da portería era evidente que ía vir un porteiro. Un porteiro diferente, máis novo, cunha opción de compra, cunha boa saída de balón, que lle gusta a Natxo (González) ese tipo de cousas. Dous perfís diferentes con Dani (Giménez) e con Ortolá. E con Francis, a ver como vai a evolución. Con isto a portería quedaba cuberta.

Con Quique, a idea era ter outro dianteiro, un dianteiro con mobilidade, presenza na área. Se cambiásemos o debuxo puidésese adaptar a outra posición. O rapaz adaptouse de segundo punta, xogador de banda esquerda para meterse para dentro. Ter esa diversidade, entregarlle esa diversidade ao adestrador para poder utilizalas".

Saída de Schär e traspaso frustrado de Sidnei

"En primeiro lugar agradecerlle a Fabian a súa dispoñibilidade desde o primeiro día que cheguei. Sempre respectou moitísimo ao Club. Sempre antepuxo calquera necesidade ao Club. El tivo un bo Mundial, abriulle moitas portas. A súa primeira prioridade sempre é o deportivo e hai que darlle as grazas a el.

En canto a Sidnei había unha operación en marcha e moi ben orientada por parte dos dous clubs, o Krasnodar e nós. Moitas veces cando dicides vós que está pechado, nós falamos dos últimos flocos. Pois eses flocos apareceron no último momento, marcados pola contorna do xogador. O Club que quería contratar os seus servizos entendeu que esas non eran as condicións que se acordaron e decidiu non seguir adiante coa operación. A partir dese momento, Sidnei volve connosco. Para nós é un xogador que o temos dentro do cadro. Hai que ver o escenario que se presenta agora. Se hai unha situación que deportivamente ou economicamente interesa a unha parte ou a outra chegar a un acordo e se se pode pechar, fenomenal. E se non, pois no aspecto dos centrais temos un xogador de xerarquía".

Celso Borges

"Con Celso mantiven contacto estes días. Tiña o tema da voda do seu irmán, unha situación un pouco persoal. Si que hai que ver como vai a súa evolución respecto das posibles ofertas que poida ter e ver ese escenario como se presenta. É un xogador de talla mundial que xogou unha bo competición mundialista. Pode ter ofertas. Temos que ir todos da man para que sexa unha boa operación se sucede, se chega a bo porto. Ou se non sucede, está connosco".

"O Club entendeu a situación (atraso na súa chegada). Estiven con el esta mañá e non hai ningún problema".

Borja Valle

"Con Borja a miña relación é moi boa. Hai un contrato dun ano máis. Dixemos que non era momento de falar con el porque o primeiro é que sentise a gusto no Club. A idea é ir sobre a marcha, se se atopa a gusto. Nesa situación estamos. Non avanzamos nas renovacións porque entendemos que non é o momento. Hai que construír un equipo. Se Borja Valle está dentro fenomenal, se sucedese calquera situación contractual, como todos os xogadores do cadro que teña unha oferta de traspaso, valoraríase. Na miña cabeza está que Borja Valle vai estar connosco".

Diego Rolan

"Había dous escenarios. O escenario prioritario para case todos era o da cesión, porque é un xogador de talla mundial, extracomunitario. Hai que ter coidado porque en Segunda ademais baixan a dúas prazas. E queriamos evitar que nas últimas semanas de mercado aparecese unha situación que non a tivésemos controlada nós. E tivese vantaxe calquera outro Club e non reportase un beneficio económico".

"Vai ser unha situación (a súa saída) económica para nós moi boa, e deportivamente para o xogador e para nós tamén porque se vai a revalorizar xogando en Segunda".

David Simón

"É moi bo, é un gran xogador. Cremos que para o perfil do formato de xogo que ten o noso adestrador adáptase perfectamente. Queremos ter 2 xogadores por posición. Temos un só lateral dereito, que é Gerard Valentín, porque Bóveda se está recolocando de central".

Dianteira

"Se non hai saídas, está completa".

"Na miña cabeza xa non está Diego Rolan. Temos para xogar arriba a Borja Valle, a Fede Cartabia, a Pedro (Sánchez) que pode xogar nesa situación, a Quique e a Christian. É un número suficientemente grande".

Fede Cartabia

"É un xogador que ten moi bo cartel. Hai que coordinarnos. Hai moi boa dispoñibilidade. Hai xogadores que non se nomearon e que deron un paso grandísimo como fixo Pedro Mosquera, Eneko Bóveda, como fixo Álex vindo. Deron un plus axudándonos. Hai outros que pola súa mocidade vánnolo a dar axudándonos a irse a outro sitio para ir cedidos ou traspasados, e para nós ese beneficio económico vai ser moi alto. Se non hai ese beneficio económico alto, non vai saír ese xogador".

Saídas e chegadas

"Con cada xogador que salga incorporaremos un futbolista nesa posición. Se sae Sidnei virá un central. Se sae un xogador de mediocampo, virá outro xogador de mediocampo. Hai dous casos que son Krohn-Dehli e Guilherme.

Guilherme tamén ten unha serie de ofertas. Se cadra deportivamente para el e economicamente para nós, é unha situación interesante.

Michael (Krohn-Dehli) é verdade que quere quedar pero ten unha situación familiar que hai que valorala. Se aparece unha situación que lle beneficie familiarmente, nós estamos receptivos".

Albentosa

"Ten contrato co equipo. De momento é un xogador máis. Salvo que apareza unha situación contractual que lle poida interesar e a nós economicamente, non nos expomos que salga".

Francis

"A situación non cambiou un chisco desde o primeiro día. Entendemos que había que ter tres porteiros. Con 19 anos, sigo pensando que ten que xogar. E el teno que entender. Se non o entende, que expoña unha situación económica interesante, unha situación deportiva diferente. Entendemos que hai que ter 3 porteiros e o terceiro ten que ter ficha do filial e competir. Xogar deulle ir ao Mundial. Se non xogase non tería ido ao Mundial. Había outros porteiros da súa nación que por non xogar non foron. El foi e grazas a estar a xogar no Fabril tivo a posibilidade de xogar no Mundial coa súa selección".

"Ten 19 anos e crerá que lle vai a chamar un equipo de primeiro nivel. Se é verdade, nós nunca pechamos as portas a falar con ninguén. Pero os xogadores de 19 anos teñen que entender que teñen que xogar. É sinxelo. Se non xoga non vai coa súa selección. E logo pola súa situación de selección, de ser mundialista, en Segunda non se para a competición. E nós non imos ter na portería dous porteiros, un que sexa Francis, e que durante 8 xornadas da temporada e nun play off non o teñamos porque se vai á Copa de África. Porque se se lesiona o outro porteiro que xoga, o prexudicado é o Deportivo".

Álex Cobo

"A nosa idea é que haxa dous xogadores por posto e que se pelexen por ese posto. Nós non lle imos a pór ao adestrador un xogador que teña que xogar 38 ou 40 partidos. Álex Cobo ten que ter competencia. Se se fose Francis viría outro porteiro. Francis se queda vai ter competencia. O xogador ten que ter competencia para crecer. Houbo xogadores que quixeron vir aquí e quixeron que no contrato puxésemoslles xogar 30 partidos. E non veñen. Aquí non vén ningún co cartel de ser titular indiscutible. Nin os que se pagaron unha cláusula, nin os que veñen libres, nin os que veñen cedidos".