RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Carta aberta de Jesús Vázquez

Desexaba que chegase este día, pensei moito niso, foi o verán más duro da miña vida deportiva, ao estar presente cos mívos, pero coa mente no meu nocello, sóo no meu nocello. Hoxe son un más, un primeiro paso moi importa

Compartín moitos momentos con moita xente, pero o apoio de compañeiros, técnicos  e  familia sempre o notei moi presente, grazas a todos, unha vez máis.

Nestes catros meses, transformeime, son unha especie nova, GRAZAS ao bisturí do Sr. Arriaza e as súas pacientes palabras. Secundados polo Sr. Barral e o Sr. Lariño, presentes sempre que os necesitei. As miñas pernas foron tomando forma GRAZAS ao Sr. Patiño e os seus “meneos”, revisadas continuamente polas mans do Sr. Mateo e o Sr. Carbó, aínda que non sei, quen aguantou a quen, se eles ao meu ou ao revés. A todo isto, os bos consellos do Sr. Hermida, sempre necesarios.

Todo seguiu o seu curso e xa comezaba a suar, e neste apartado, o meu físico íalle facendo caso á miña mente, á miña mente e a sabedoría e a coordinación do Grupo de Apoio ao Rendemento Deportivo, GRAZAS ao Sr. Martin Aceiro, polo seu tempo, ao Sr. Franganillo e ao Sr. Sanz, polas súas experiencias vividas. Ao Sr. López, por tenderme as súas mans e as súas trampas, pero sempre saíndo con vida delas…

No aspecto físico, xa case estou, darlle un pouco de brillo con sol andaluz, para relucir e ordenar as miñas ideas, claro, iso é xusto o que falta, a miña mente, a miña cabeza, os meus pensamentos e aí sae ao paso coa súa temperanza e por iso doulle as GRAZAS, Ao Sr. Macario Bravo, bravo pola súa actuación comigo e os meus, antes, durante e despois seguiremos atopándonos.

Quixen, dalgunha maneira, facer saber ao afeccionado deportivista, que detrás de nós, os xogadores, hai moita xente traballadora, non son moi dados a fotos e entrevistas, pero moi necesarios. Para que rematemos ese centro a gol ou fagamos esa parada case imposible. De aquí agradézolles de corazón, o seu traballo, o seu tempo, a súa dedicación, a súa formación e sabedoría.

GRAZAS porque hoxe, séntame un máis, GRAZAS porque me senta futbolista de novo.  Xamais o esquecerei.

Jesús Vázquez