RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Michi Apóstol foi titular con Venezuela no seu segundo amigable ante Nueva Zelanda

A deportivista Michi Apóstol estivo concentrada coa selección de Venezuela en Andalucía.

As venezolanas medíronse en dous amigables de preparación a Nueva Zelanda.

O segundo deles foi este martes 3 de xuño no Estadio Nuevo Mirador de Algeciras e o triunfo foi para as neozelandesas por 1-2.

A canteirá branquiazul saíu no once inicial e dispuxo dalgunha ocasión para marcar, como un disparo aos 71 minutos, con 1-1 no marcador, que detivo o porteiro neozelandesa.

Aos 78 minutos, Michi Apóstol foi relevada por Camila Pescatore.

O primeiro dos encontros entre ambas as seleccións xogouse o pasado sábado 31 de maio no Marbella Football Center. 

Nesta ocasión venceron as venezolanas por 1-3 e a xogadora do Dépor ABANCA B tamén tivo minutos de xogo. Saltou ao céspede no minuto 70 en substitución doutra ex deportivista, Michelle Romero.

Os resultados de Michi Apóstol foron os seguintes: 

Sábado 31 de maio
NUEVA ZELANDA 1 - VENEZUELA 3

Martes 3 de xuño
VENEZUELA 1 - NUEVA ZELANDA 2

Michi Apóstolo foi unha das grandes artífices do ascenso do Dépor ABANCA B a Segunda Federación. Xogou un total de 22 partidos, 21 deles como titular, e anotou 26 goles, converténdose na 2ª máxima goleadora do grupo 1º de Terceira Federación.