RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Case 400 socios recibiron a súa insignia de prata por 25 anos de fidelidade ao Deportivo

O pasado xoves o hotel Meliá María Pita foi o escenario no que case 400 socios do Real Club Deportivo recibiron a súa merecida homenaxe por cinco lustros consecutivos como abonados do Club.

No acto, conducido por Paco Lodeiro e que foi posible grazas ao apoio de Infiniti Caeiro Premium, houbo tempo para o recordo, para as bromas e para falar do futuro do Club cos socios que protagonizaron os últimos anos da historia.

Á presenza do Consello de Administración do Club, encabezado por Tino Fernández, uniuse a dos adestradores e membros do persoal do equipo que hai 25 anos defendía as cores do Dépor: Arsenio Igrexas, Carlos Ballesta, Suso Méndez, Xullo Ares, Sabín Bilbao, Manuel Mosquera, Cayetano ou Arturo Patiño. Todos eles foron os encargados de entregar as insignias de prata aos homenaxeados tras a imposición individual a Alberto de la Fuente Seoane, socio que por un erro administrativo non o recibiu fai catro, cando lle correspondía; a Antonio Rubal Moas, como socio de prata máis veterano con 89 anos e a Alejandro Lage Igrexas como socio de prata máis nova.