RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Catro integrantes de #ANOSACANTEIRA optan aos premios Futbol Draft 2022

O Comité Técnico de Fútbol Draft, formado por todos os seleccionadores da Federación Española tales como Luis de la Fuente (seleccionador sub-21), Pablo Amo (seleccionador sub-18)... así como representantes de todas as institucións do fútbol español (LaLiga, AFE...) deu a coñecer os 99 futbolistas en categoría masculina que optan aos premios da canteira do fútbol español 2022.

O próximo mes de outubro haberá un novo corte e dos 99 de agora quedarán 55 xogadores.

Nesta primeira lista hai catro representantes de #ANOSACANTEIRA, que son os seguintes: Trilli (na posición de lateral dereito), Juan Rodríguez e Dani Barcia (central esquerdo) e Noel López (banda dereita).

Ademais tamén está entre os aspirantes o santiagués Hugo Novoa, que de Abegondo deu o salto ao RB Leipzig de Alemaña.

Tanto Trilli como Noel están en dinámica do primeiro equipo desde o mes de xullo de 2021, sendo habituais en convocatorias e aliñacións do Deportivo de Borja Jiménez en Primeira RFEF. Así mesmo, Juan Rodríguez e Dani Barcia formaron parte do Fabril de Óscar Gilsanz en Terceira RFEF aínda que estiveron en multitude de ocasións adestrando cos profesionais.

O catro xogadores galegos forman parte dun Xuvenil A de lenda, vixente campión de España que asinou ademais unha histórica actuación na UEFA Youth League.

Seguro que a este premio da canteira optan nas próximas edicións máis talentos que militan en #ANOSACANTEIRA como David Mella, actualmente concentrado coa selección española sub-17 para o Campionato de Europa de Israel; Paula Novo ou Abril Pazos, tamén internacionais nas categorías inferiores femininas.