RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Cavaleiro, Toché e Hélder golean para o Dépor en Arousa

- Foto: Susi García - O Deportivo impúxose (1-3) ao Arousa nun amigable disputado esta noite na Lomba ante numeroso público. Hélder Postiga, Cavaleiro e Toché foron os goleadores branquiazuis. O lateral Santi anotó p

Víctor Fernández deu minutos a 18 dos 19 futbolistas que se trouxo a Vilagarcía. Conca, con molestias nun nocello, quedou fóra do partido no quecemento, cando ía ser titular.

Bo primeiro tempo do Deportivo, que actuou con Sidnei e Diakité como parella de centrais; con Alex e Medunjanin de mediocentros;  e Toché e Hélder como dianteiros. As bandas foron para Juanfran e Cavaleiro.

O único lunar dos primeiros 45 minutos foi o gol do Arousa, tras un saque dunha falta. Santi sorprendeu á zaga branquiazul e rematou a pracer no corazón da área deportivista.

Na segunda parte ambos os equipos realizaron todos os cambios e o partido baixou en intensidade, aínda que si houbo oportunidades para os dous bandos.

Luisinho puido lograr o cuarto pero o seu disparo raso estrelouse na cepa do pau esquerdo e paseouse pola raia de gol antes de saír desviado. Juan Domínguez tentouno desde fóra da área cun gran disparo pero a meta local realizou unha gran intervención.

O Arousa, sobre todo en accións ao contragolpe, tamén o tentou e obrigou a Lux a realizar un par de boas paradas.

No entanto, o marcador nesta segunda metade non se movería tras o 1-3 co que se chegou ao descanso. Triunfo pois do Dépor nun partido que serviu para que os futbolistas collesen minutos e ritmo de competición neste parón ligueiro.

O árbitro, Loira Rodríguez, permitiu que varios futbolistas de ambos os equipos xa sustituídos relevasen de novo a compañeiros que estaban sobre o campo; caso de Álex e Toché no Deportivo, por exemplo.

Arousa: Jorge Pérez, Santi, Fernando, Juan Rodríguez, Alfonso, Vixo, Gregorio, Iago Pérez, Javi Pazos, Adrián Camiño e Eloy Fariña. Tamén xogaron: Lucas, Juanjo, Pablo Vázquez, Martín, Nando, Rivas e Quique Cubas.

Deportivo: Fabricio (m. 46, Lux), Laure  (m. 60, Manuel Pablo), Sidnei (m. 46, Lopo), Diakité (m. 74, Álex), Luisinho, Alex (m. 46, José Rodríguez), Medunjanin (m. 46, Juan Domínguez), Juanfran (m. 74, Toché), Cavaleiro, Toché (m. 46, Canella) e Hélder Postiga (m. 60, Wilk).

Árbitro: Loira Rodríguez de Pontevedra.

Goles: 0-1, m. 20: Cavaleiro; 0-2, m. 28: Toche; 1-2, m. 31: Santi; 1-3, m. 37: Hélder Postiga.