RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Celso Borges foi titular no amigable de Costa Rica ante Sudáfrica

O mediocentro deportivista Celso Borges foi titular con Costa Rica no amigable disputado esta pasada madrugada ante Sudáfrica en San José. Venceron os africanos (0-1) e o futbolista do Dépor jugó o noventa minutos.

Celso Borges tivo unha das ocasións máis claras do seu equipo no minuto 87, pero o seu disparo de falta foise rozando a meta de Sudáfrica.

O martes 13 de outubro, a selección costarriqueña medirase a Estados Unidos en New Xersei, no estadio Red Bull Area, á 18.30 hora local. O encontro será tamén amigable.

Jonathan Rodríguez non chegou a xogar no triunfo de Uruguai en Bolivia

O dianteiro deportivista Jonathan Rodríguez non chegou a saltar ao terreo de xogo no triunfo da súa selección, Uruguai, en Bolivia (0-2), en partido clasificatorio para o Mundial de Rusia 2018.

O martes 13, no Estadio Centenario de Montevideo (20.00 horas), Uruguai recibe a Colombia noutro encontro oficial.

Bosnia Herzegovina mídese mañá sábado a Gales

Bosnia Herzegovina citou ao deportivista Haris Medunjanin para dous partidos oficiais, clasificatorios para a Eurocopa 2016.

Así, mañá sábado 10 de outubro, Bosnia recibe no Stadium Bilino Polje de Zenica a Gales (20.45 horas); e o martes 13 de outubro, a selección bosníaca visita Chipre, ás 21.45 no Stadium GSP de Nicosia.

Semifinais do Torneo Preolímpico para Canadá Sub-23 de Ben Fisk

A selección de Canadá Sub-23, na que milita o fabrilista Ben Fisk, enfróntase mañá sábado 10 de outubro a México nunha das semifinais do Torneo Preolímpico da Concacaf. O que gañe este partido, ademais de disputar a final, obterá billete para os Xogos Olímpicos de Río 2016.

Ben Fisk marcou un gol na primeira fase, concretamente no segundo partido ante Panamá.


O calendario e os resultados da Selección Canadense ata o momento neste torneo foron os seguintes:

Xoves 1 de outubro
Estados Unidos 3 - Canadá 1

Onte sábado 3 de outubro
Canadá 3 - Panamá 1

Martes 6 de outubro
Canadá 2 - Cuba 2

Semifinal
Sábado 10 de outubro
México - Canadá no Río Tinto Stadium de Salt Lake City