RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

César Sampaio di adeus ao Deportivo

O xogador César Sampaio e Augusto César Lendoiro compareceron esta tarde ante os medios de comunicación para anunciar que o xogador queda en liberdade. Así, Sampaio abandona a disciplina branquiazul despois de quedar sen ficha a principios desta campaña.

O presidente presentou a César Sampaio como "un extraodinario xogador e unha extraordinaria persoa que entende que o seu tempo no Deportivo acabouse", en referencia á petición cursada polo xogador ao Club para quedar libre e poder perfilar así o seu futuro deportivo. O Deportivo decidiu atender a petición do xogador que manifestou atopase xa en conversacións con algúns clubs brasileiros. O presidente terminou a súa intervención despedíndose do xogador dicíndolle "no Deportivo tes ti casa".

O xogador, totalmente recuperado da súa lesión, manifestou o seu agradecemento ao Club, aos medios e aos afeccionados pola súa grata estancia na cidade herculina, e que desta maneira inesperada pecha o seu ciclo no Deportivo: "as lesións son cousas que non se preveen pero hai que tomalas como son".

César Sampaio chegou ao Deportivo a pasada tempada procedente do Palmeiras. O xogador disputou máis de mil minutos de xogo o pasado ano co club herculino, pero unha lesión apartouno dos terreos de xogo impedindo a súa inscrición na lista de 25 homes esta tempada.