RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

"Chegar ao tramo final de liga con vantaxe é unha certa tranquilidade", admite Miguel Figueira antes de recibir o Xuvenil Á ao Real Oviedo

Miguel Figueira compareceu esta mañá na sala de prensa de Abegondo antes de recibir ao Real Oviedo, este domingo 27 de abril ás 16:30 (YouTube RC Deportivo) na Cidade Deportiva na penúltima xornada do grupo 1º da División de Honra.

Co Xuvenil A como líder con 1 punto de vantaxe sobre o RC Celta, asegura que os seus futbolistas "están contentos, concienciados. Chegar ao tramo final de liga con vantaxe é unha certa tranquilidade. Despois do partido ante o RC Celta fixemos un moi bo traballo cos rapaces de concienciarlles de que a liga aínda era posible".

Cre que ante o RC Celta "fixemos as suficientes ocasións como para poder empatar ou gañar. Froito diso foi o partido que fixemos en Santander. O equipo estivo moi ben, competiu moi ben".

Do Real Oviedo, o técnico deportivista afirma que "é un equipo que na segunda volta está a ser o terceiro mellor equipo".

Espera a un rival que "estea a pelexar ese terceiro posto co Sporting de Gijón, que é rivalidade e para eles é importante. Espero a un equipo quizais non presionante e si máis metido atrás, que nos xogue á contra. A diferenza do día do RC Celta, neste partido débese de notar, para ben, quen se xoga algo. O noso traballo máis importante é que os mozos estean liberados desa tensión mala e sexan capaces de facer o fútbol que estamos a facer nestas últimas xornadas".

Finalmente Miguel Figueira expuxo a semana como "unha máis de competición, traballando os conceptos que habitualmente traballamos e as peculiaridades do rival".

Conclúe que "estamos preparados para competir o partido sen saber o resultado do RC Celta (na súa visita ao CD Choco). Isto é complexo. Os rapaces teñen que estar centrados no noso partido".