RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Christian Santos acelera e Didier Moreno estréase en Abegondo

Christian Santos e Didier Moreno foron as dúas principais novidades do adestramento do RC Deportivo en Abegondo.

O dianteiro venezolano completou o adestramento e encara a recta final da recuperación da súa lesión muscular.

Pola súa banda, o centrocampista colombiano adestrouse por primeira vez cos seus novos compañeiros tralo preceptivo acto de presentación ante os medios de comunicación.

Por conseguinte, só Fede Cartabia está agora mesmo á marxe do grupo.

A mañá arrancou na sala de vídeo, por espazo de 30 minutos. Xa sobre o céspede, e após un quecemento, os futbolistas realizaron un circuíto físico con balón.

Acto seguido, nunha mañá calorosa, Natxo González tomou as rendas para un exercicio táctico ofensivo e, para concluír, ensaio de accións de estratexia, principalmente saques de esquina.

Mañá mércores, os futbolistas están citados de novo ás 10:30 horas en Abegondo.