Mañá sábado 12 xóganse 5 partidos en #ANOSACANTEIRA, con protagonismo para o Fabril en Vilalba (11:30) fronte ao Racing Villalbés de Segunda Federación e para o Deportivo ABANCA B, que debuta este verán en Luarca (18:00) ante o Real Avilés CF tamén de Primera Nacional.
No filial masculino, Óscar Gilsanz leva a Brais Suárez, Hugo Ríos, Alberto, Puerto, Somolinos, Álex Pereira, Moratías, Iano Simao, Brais Val, Rubén, Barba, Tim e Iñaki; ademais dos xuvenís Manu Berrocal, Mardones, Carlos, Álex Delgado, Hugo e Domínguez.
No filial feminino que dirixe Óscar Orro, as convocadas son Martina Rivas, Lucía Mariño, Celia, María Calvo, Uxía López, Laura Testa, Sara Cercido, Laura Otero e Elena López 'Cusi'; ademais das xuvenís do Orzán SD Uxía Rabuñal, Yaiza García, Daniela Basalo, Antía Brage, Iria Otero, Laura Santos, Macarena González e Noe Gómez; e da cadete do Orzán SD Emma Gandoy.
A maiores, o Xuvenil B participa no Memorial David Eiroa, baixo o formato de 'tres en un' no campo de O Redondo (Montrove, Oleiros); o Cadete mídese en Abegondo (10:30) ao Bertamiráns CF de categoría xuvenil; e o San Tirso SD Cadete compite no XV Torneo Internacional Iniciados na localidade lusa de Abrente.
O partido amigable do Xuvenil A de hoxe venres en Abegondo ante o Atlético Coruña Montañeros CF de Preferente Autonómica abriu o calendario de partidos.
Foi o segundo test para o equipo de Manuel Pablo, despois da súa estrea o pasado martes 8 de agosto en Paiosaco (0-4) ante o equipo anfitrión que milita en Tercera RFEF.
O resultado, que é o de menos en pretemporada, favoreceu de novo ao Xuvenil A (3-1), con goles de Rubén -2- e Guerrero.
A todos estes equipos que xa están a adestrar sumouse hoxe venres o Orzán SD Xuvenil Feminino (na foto da noticia), vixente campión da I edición da Copa da Coruña.
O calendario, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Categoría feminina
REAL AVILÉS FEMININO - DEPORTIVO ABANCA B, mañá sábado 12 de agosto ás 18:00 no campo da Veigona (Luarca)
Segunda Federación
Mércores 9: ATLÉTICO ARTEIXO 0 - FABRIL 1 (Nájera)
RACING VILLALBÉS - FABRIL, mañá sábado 12 de agosto ás 11:30 no campo da Magdalena (Vilalba)
Categoría xuvenil
Martes 8: UD PAIOSACO H. AÑÓN (Terceira RFEF) 0 - XUVENIL A 4 (Zoe, José Rei, Ayman e Rubén)
XUVENIL A 3 (Rubén -2- e Guerrero) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF (Preferente Autonómica) 1
I Memorial David Eiroa, no campo de O Redondo (Montrove, Oleiros)
Sábado 12 de agosto
17:30: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF - XUVENIL B
18:30: CD CALASANZ - XUVENIL B
Categoría cadete
Martes 8: ATLÉTICO ARTEIXO (xuvenil) 3 - CADETE 3 (Trillo, Miguel de Labra e Lucas)
CADETE - BERTAMIRÁNS CF (xuvenil), mañá sábado 12 de agosto ás 10:30 en Abegondo (campo 6)
XV Torneo Internacional Iniciados en Abrantes (Portugal)
Sábado 12 de agosto
Primeira Fase
11:00: SAN TIRSO SD CADETE - VITÓRIA SC
18:00: BENFICA SL - SAN TIRSO SD CADETEEl primeiro de grupo pasará á final e o segundo disputará a final de consolación, todo iso o domingo 13 de agosto
