RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Cinco ensaios no Dépor ABANCA previos á súa visita ao EDF Logroño do domingo 21

O Deportivo ABANCA realizará un total de cinco adestramentos na Cidade Deportiva de Abegondo nunha semana longa de preparación da súa seguinte cita ligueira, a visita ao EDF Logroño prevista para o domingo 21 de marzo ás 12:00 no campo de Las Gaunas.

O partido ante este rival directo na loita pola salvación corresponde á 23ª xornada na Primera Iberdrola. As branquiazuis, antepenúltimas con 17 puntos, buscarán dar outro salto na táboa á conta das rioxanas, pechacancelas con 16.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 15 de marzo
17:30 h.

Martes 16 de marzo
16:30 h.

Mércores 17 de marzo
Descanso

Xoves 18 de marzo
16:30 h.

Venres 19 de marzo
17:30 h.

Sábado 20 de marzo
9:30 h.

Domingo 21 de marzo
12:00: EDF Logroño - Deportivo ABANCA, en Las Gaunas