RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Cinco sesións de traballo desde mañá martes para preparar a visita ao CF Rayo Majadahonda

O Deportivo disporá de cinco sesións de adestramento desde mañá martes 16 de novembro para preparar a seguinte cita ligueira, a visita ao CF Rayo Majadahonda deste domingo 21 de novembro ás 12:00 horas (Footters) no Cerro del Espino.

Sobre o rival, terceiro na táboa con 23 puntos, os mesmos que o Dépor, que no entanto está pendente da resolución do Comité de Competición sobre a incomparecencia do Extremadura UD onte a ABANCA-RIAZOR, chanceou Borja Jiménez onte na sala de prensa: "Imos ir a casa do segundo clasificado outra vez. Xa nos pasou varias veces este ano: cando fomos a Unionistas, Santander, non sei se o outro día co UD Logroñés. Estamos a visitar moitas veces ao segundo. Son duelos máis próximos en canto a clasificación pero a sensación é a mesma que antes do partido de Logroño e despois. Queda moitísima liga. Temos que centrarnos na puntación que cremos que vai ser suficiente para alcanzar o obxectivo. O número de puntos que temos agora mesmo é moi bo porque temos bastantes puntos para a altura do ano na que estamos. Por iso estamos primeiros. Hai que seguir facendo o noso camiño".

A case unha semana do choque xa vaticina o técnico deportivista un partido "moi difícil porque van segundos. Paciencia. Agora temos unha semana longa para traballar e prepararnos o mellor posible e o domingo estar á altura do que nos marca o escudo e #ANOSAFORZA".

Todas as sesións serán matinais fóra da de mañá martes, que comezará ás 17:00 horas; e todas en Abegondo salvo a do xoves, que será a porta pechada en ABANCA-RIAZOR.

Pola súa banda, o adestramento do sábado adiántase ás 9:30 porque ao concluír, os convocados partirán en autocar a Madrid.

Cada vez que haxa actividade matinal en Abegondo, o cadro reunirase para almorzar a partir das 9:00 horas. O sábado farao ás 8:15 horas.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 16 de novembro
17:00 h., en Abegondo

Mércores 17 de novembro
10:30 h., en Abegondo

Xoves 18 de novembro
10:30 h., en ABANCA-RIAZOR, a porta pechada

Venres 19 de novembro
10:30 h., en Abegondo

Sábado 20 de novembro
9:30 h., en Abegondo

Domingo 21 de novembro
12:00: CF Rayo Majadahonda - Deportivo, no Cerro del Espino