RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Cita ligueira entre semana para Orzán SD Cadete Femenino, Benxamín A e Fabril FC Benxamín; e torneo para o Dépor ABANCA B

#ANOSACANTEIRA inicia mañá martes 5 de decembro unha mini xornada entre semana aproveitando o festivo do mércores 6 de decembro.

O Dépor ABANCA B disputa ese día na localidade coruñesa de Cabana de Bergantiños un torneo benéfico contra o cancro baixo a modalidade de 'tres nun'. Co calendario pendente de definir, os rivais das branquiazuis serán o Bergantiños CF e unha selección da Costa da Morte.

Están confirmados mañá martes os partidos dos dous equipos benxamíns, ambos en Abegondo; ademais do do Orzán SD Cadete Femenino o mércores ante a SCD Pastoriza correspondente á 7ª xornada da Liga Galega que foi aprazado o pasado 1 de novembro polo temporal.

Mañá martes 5 de decembro as xogadoras do Dépor ABANCA B Elena Vázquez, Lucía Rivas e Sara Cercido; ademais de Laura Santos e Noelia Maio, do Orzán SD Xuvenil, participarán nun adestramento da selección galega sub-17 no campo da Braña (Rois), a partir das 17:00.

O xoves 7 a quenda será para a selección galega sub-15, neste caso a partir das 11:30, no que estarán convocadas as orzanistas Antía Veiga, Claudia Sande e Daniela Macedo.

O calendario de partidos deste principio de semana é o seguinte:

Categoría feminina
Mércores 6 de decembro
Torneo benéfico contra o cancro nas Redondas (Cabana de Bergantiños) con Deportivo ABANCA B, Bergantiños CF e selección da Costa da Morte

7ª xornada: ORZÁN SD CADETE FEMENINO - SCD PASTORIZA, o mércores 6 de decembro ás 12:00 na Torre (campo 2)
Clasificación da liga Galega: 1. Orzán SD Cadete Femenino, 33 puntos; 2. Victoria CF (un partido menos) e Escuela FB Amistade (un partido menos), 27 puntos... 7. SCD Pastoriza (dous partidos menos), 18 puntos...

Categoría benxamín
8ª xornada: BENXAMÍN A - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF, mañá martes 5 de decembro ás 18:45 en Abegondo
Clasificación da Primera A Coruña, subgrupo 1º: 1. Benxamín, 18 puntos; 2. Ural Español CF, 15 puntos; 3. Atlético Coruña Montañeros CF (un partido menos) e Victoria CF (un partido menos), 12 puntos...

8ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - UD CARRAL, mañá martes 5 de decembro ás 18:45 en Abegondo
Clasificación da Primera A Coruña, subgrupo 2º: 1. Fabril FC Benxamín, 21 puntos; 2. UD Carral, 14 puntos...