RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Cita mañá en Abegondo para Xuvenil B, San Tirso SD Cadete e Benxamín A

Tres partidos dispútanse mañá mércores 17 de abril na Cidade Deportiva, dous deles amigables.

Así, o Xuvenil B enfróntase a partir das 18:00 a unha selección galega sub-16 na que formarán os cadetes branquiazuis Rodrigo Leiva, Íker Fernández, Miguel de Labra, Nico Ruiz e Pablo García; ademais de Gael Irimia, Mauro Valeiro e Samba Wade do San Tirso SD Cadete.

Á mesma hora o San Tirso SD Cadete mídese a unha selección galega sub-14 cos infantís branquiazuis Lucas López, Daniel López, Eder Vilas, Raúl Lema, Roi Castro e Sergio Cortizo; ademais de Antón Vilariño e Hugo Ferreiros do San Tirso SD Infantil.

As dúas seleccións preparan deste xeito a Fase de Plata do Campeonato de España por autonomías que se celebra a finais de mes.

O único encontro oficial é o do Benxamín A, que se enfronta ás 18:45 ao Atlético Coruña Montañeros CF en partido correspondente á 5ª xornada da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8 adiantado ao fin de semana.

Os deportivistas son líderes do grupo con 12 puntos de 12 posibles; mentres que os seus rivais marchan na 5ª posición con 3 puntos.

O horario dos partidos mañá en Abegondo é o seguinte:

Categoría xuvenil
Amigable: XUVENIL B - SELECCIÓN GALEGA SUB-16, ás 18:00

Categoría cadete
Amigable: SAN TIRSO SD CADETE - SELECCIÓN GALEGA SUB-14, ás 18:00

Categoría benxamín
5ª xornada: BENXAMÍN A - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF, ás 18:45
Clasificación da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8: 1. Benxamín A, 12 puntos; 2. Victoria CF, 9 puntos... 5. Atlético Coruña Montañeros CF, 3 puntos...