RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Cita mañá mércores para José Rey coa selección española sub-17 fronte a Marrocos

A Selección Española sub-17 citou ao canteirán deportivista José Rey para un torneo internacional que se disputará na localidade murciana de San Pedro del Pinatar desde hoxe luns 4 ao 13 de setembro, con Marrocos, Portugal e Inglaterra como rivais.

O primeiro partido dos españois será mañá mércores a partir das 11:00 ante Marrocos no Pinatar Area Stadium.
 
O atacante branquiazul, que está no seu primeiro ano de xuvenil, xa xogou o ano pasado coa selección española sub-16, coa que gañou por exemplo no mes de novembro o Torneo Football Federations Cup en Alfaz do Pi (Alicante)

José Rey regresará á Coruña o mércores 13.

O calendario dos partidos de España, todos eles no Pinatar Area Stadium, é o seguinte:

Mércores 6 de setembro
11:00: ESPAÑA - MARROCOS

Sábado 9 de setembro
11:00: PORTUGAL - ESPAÑA

Martes 12 de setembro
18:00: INGLATERRA - ESPAÑA

Iano Simão, ante Sierra Leona

O lateral fabrilista foi citado pola selección nacional de Guinea-Bisáu con motivo dun partido clasificatorio para a Copa de África ante Sierra Leona.

O encontro disputarase o luns 11 de setembro ás 18:00 (hora local, 20:00 en Galicia) no Estadio Nacional de Bisáu.

Despois de 5 partidos no seu grupo, os guineanos son segundos con 10 puntos, por detrás de Nigeria, que ten 12. Sierra Leona ten 5 puntos e pecha a clasificación Santo Tome e Príncipe con 1 punto.

Iano Simão, titular a pasada fin de semana en Avilés, permanecerá co seu combinado nacional até o martes 12 e, por conseguinte, será baixa no encontro deste domingo ás 13:00 en Abegondo ante o Rayo Cantabria pertencente á 2ª xornada no grupo 1º de Segunda Federación.