RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Cita mañá para sete equipos de ANOSACANTEIRA, con Xuvenil B e Infantil, ao mando da liga Nacional e División de Honra, en Abegondo

#ANOSACANTEIRA encara a última semana de competición do ano 2023, co groso da xornada mañá sábado 16 e xa con varios equipos de descanso do Nadal: Deportivo ABANCA B, Orzán SD Xuvenil Femenino, Orzán SD B sub-16 Femenino, Orzán SD Cadete Femenino, Orzán SD Infantil A Femenino e Orzán SD Infantil B Femenino.

Xogan en Abegondo mañá o Xuvenil B, líder da Liga Nacional, ante o Victoria CF (12:30); e o Infantil, á fronte da División de Honra, ante o CD Conxo Santiago (11:00 horas).

Así mesmo, no Monte o San Tirso SD Cadete recibe ao CD Lugo (11:15) e o San Tirso SD Infantil ao Bertamiráns FC (16:00).

Ademais dos dous equipos benxamíns, fóra de casa o Cadete visita ao Pabellón Ourense CF (17:00). Os branquiazuis avantaxan en 4 puntos ao RC Celta, o seu inmediato perseguidor na División de Honra.

Para o domingo quedan tres partidos.

A Fabril visita en Pasarón ao Pontevedra CF (17:00), un dos firmes candidatos ao ascenso a Primera Federación.

Os fabrilistas marchan en 12ª posición da táboa após as súas dúas últimas derrotas ante CD Guijuelo e Coruxo FC pola mínima e cun gol en propia meta.

En Abegondo, o Xuvenil A mídese ao ED Val Miñor Nigrán (12:00) despois de caer a pasada fin de semana en Oviedo.

E na Torre (10:30), Alevín A e Fabril FC Alevín xóganse o primeiro posto do subgrupo 1º de Primera A Coruña de fútbol 8. Ambos os equipos chegan ao choque empatados na cabeza da táboa con 24 puntos.

Finalmente, as deportivistas Elena Vázquez, Sara Cercido e Lucía Rivas; ademais das orzanistas Noelia Mayo e Laura Santos están concentradas coa selección galega sub-17 para disputar en Zaragoza a primeira fase do Campionato de España por autonomías. 

Os rivais serán Murcia mañá sábado (12:30) e Aragón o domingo 17 (12:30).

Así mesmo, á selección galega sub-15, tamén para esta primeira fase do Campionato de España por autonomías, están as orzanistas Antía Veiga, Claudia Sande e Daniela Macedo.

O combinado galego mídese a Murcia mañá sábado (10:15) e a Aragón o domingo (10:15).

O calendario de partidos é o seguinte:

Categoría feminina
Clasificación de Tercera Federación FutFem: 1. Real Avilés CF, 37 puntos; 2. Deportivo ABANCA B, 29 puntos; 3. Lóstrego CF, 28 puntos...

Clasificación da Primera Autonómica: 1. Bergantiños CF, 29 puntos; 2. Orzán SD Xuvenil Femenino e Lóstrego CF B, 27 puntos; 4. SD O Val, 24 puntos...

Clasificación da Segunda Autonómica: ... 10. UC Cee, 17 puntos; 11. Silva SD, 15 puntos; 12. Orzán SD B sub-16 Femenino, 14 puntos; 13. Cultural Maniños e UD Santiso FC, 12 puntos...

Clasificación da Liga Galega, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Cadete Femenino, 39 puntos; 2. Victoria CF (un partido menos), 33 puntos; 3. Escuela FB Amistade (un partido menos), 30 puntos...

Clasificación da Liga Galega, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Infantil A Femenino, 36 puntos; 2. Victoria CF (un partido menos), 33 puntos; 3. Racing de Ferrol (dous partidos menos), 27 puntos... 13. Orzan SD Infantil B Femenino, 4 puntos... 

Segunda Federación
16ª xornada: PONTEVEDRA CF - FABRIL, o domingo 17 de decembro ás 17:00 en Pasarón (Pontevedra)
Clasificación: 1. Ourense CF, 31 puntos; 2. Zamora CF, 30 puntos; 3. Pontevedra CF, 29 puntos... 11. Real Avilés Industrial, 18 puntos; 12. Fabril, 17 puntos; 13. RS Gimnástica de Torrelavega, 16 puntos; 14. Real Oviedo Vetusta, 15 puntos...

Categoría xuvenil
15ª xornada: XUVENIL A - ED VAL MIÑOR NIGRÁN A, o domingo 17 de decembro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta e Real Oviedo, 33 puntos; 3. Real Racing Club, 31 puntos; 4. Xuvenil A, 29 puntos; 5. SD Compostela, 25 puntos... 10. ED Val Miñor Nigrán, 17 puntos...

16ª xornada: XUVENIL B - VICTORIA CF, mañá sábado 16 de decembro ás 12:30 en Abegondo
Clasificación da Liga Nacional: 1. Xuvenil B, 40 puntos; 2. RC Celta B, 35 puntos... 11. Victoria CF, 18 puntos...

Categoría cadete
14ª xornada: PABELLÓN OURENSE CF - CADETE, mañá sábado 16 de decembro ás 17:00 nos Remedios - campo Miguel Ángel (Ourense)
14ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - CD LUGO, mañá sábado 16 de decembro ás 11:15 no Monte (San Tirso)
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 39 puntos; 2. RC Celta, 35 puntos... 5. CD Lugo, 23 puntos... 12. Rápido de Bouzas e Pabellón Ourense CF, 12 puntos; 14. San Tirso SD Cadete e UD Ourense, 10 puntos; 16. Atlético Coruña Montañeros CF, 9 puntos... 

Categoría infantil
13ª xornada: INFANTIL - CD CONXO SANTIAGO, mañá sábado 16 de decembro ás 11:00 en Abegondo
13ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - BERTAMIRÁNS FC, mañá sábado 16 de decembro ás 16:00 no Monte (San Tirso)
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 36 puntos; 2. RC Celta, 34 puntos; 3. ED Val Miñor Nigrán A, 24 puntos... 7. Pabellón Ourense CF, San Tirso SD Infantil e Ural Español CF, 16 puntos; 10. Arosa SC e CD Conxo Santiago, 15 puntos... 14. Bertamiráns FC, 8 puntos...

Categoría alevín
9ª xornada: ALEVÍN A - FABRIL FC ALEVÍN, o domingo 17 de decembro ás 10:30 na Torre (campo 4)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: 1. Alevín A e Fabril FC Alevín, 24 puntos; 3. Ural Español CF, 15 puntos...

Categoría benxamín
9ª xornada: CF DEPORTIVO ORZÁN - BENXAMÍN A, mañá sábado 16 de decembro ás 11:30 na Torre (campo 1.1)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: 1. Benxamín A, 21 puntos; 2. Victoria CF, 18 puntos... 8. CF Deportivo Orzán, 3 puntos...

9ª xornada: ATLÉTICO ARTEIXO - FABRIL FC BENXAMÍN, mañá sábado 16 de decembro ás 11:30 en Ponte dos Brozos (Arteixo)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 2º: 1. Fabril FC Benxamín, 24 puntos; 2. ED Luis Calvo Sanz, 18 puntos... 10. Atlético Arteixo, 4 puntos