RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Cita para o Benxamín A en Tordesillas e Caldas; e para un equipo infantil do Dépor en Lisboa

Un equipo infantil do Dépor e o Benxamín A únense aos equipos de #ANOSACANTEIRA en competicion esta Semana Santa.

Dos que están xa en competición, sorte dispar. O Infantil A disputa a Fase de Bronce da Ibercup, torneo no que o Alevín B clasificouse para o Súper Grupo Ouro. Tamén pelexa entre os mellores o Benxamín B no Mundialito Costa Daurada en Tarragona.

Íscar Cup e Villa de Caldas, na axenda do Benxamín A

O Benxamín A inicia mañá xoves 18 de abril a súa participación na Íscar Cup Tordesillas 2019.

Será a primeira cita das dúas que o conxunto deportivista ten programadas para esta Semana Santa. A segunda será o Trofeo Villa de Caldas, o domingo 21 en Caldas de Reis (Pontevedra).

O conxunto deportivista terá como primeiros rivais na Íscar Cup á Valencia CF, Málaga CF e Käpylän Pallo finlandés.

O calendario de partidos, todos eles en Tordesillas, é o seguinte:

Xoves 18 de abril
9:45: BENXAMÍN A - KÄPYLÄN PALLO (campo 2 artificial)
15:00: BENXAMÍN A - MÁLAGA CF (campo de herba natural)
19:30: VALENCIA CF - BENXAMÍN A (campo 1 artificial)

Os dous primeiros de grupo xogarán o venres 19 a Fase polo Título, mentres que terceiro e cuarto a Fase de Consolación, todo iso a partir das 10:10.

En Caldas de Reis (Pontevedra), o Benxamín A disputa o domingo 21 o Trofeo Villa de Caldas, con este calendario:

11:30: BENXAMÍN A - EQUIPO PROCEDENTE DA FASE PREVIA
13:30: EQUIPO DA FASE PREVIA - BENXAMÍN A
16:00: BENXAMÍN A - OURENSE CF

Os dous primeiros pasan a cuartos de final, que comezan ás 16:45 horas.

O Dépor acode ao Trofeo Internacional infantil en Lisboa apadriñado polo técnico luso Jorge Jesus

Un equipo infantil do Deportivo participa desde mañá xoves 18 de abril nun Torneo Internacional en Lisboa apadriñado polo técnico luso Jorge Jesus.

FC Porto, Clube Atlético e Cultural, SC Braga e Levante UD serán os primeiros rivais, con este calendario da Primeira Fase, en horario local (unha hora máis en España):

Xoves 18 de abril
12:00: SC BRAGA - DEPORTIVO

Venres 19 de abril
9:00: DEPORTIVO - FC PORTO
16:00: DEPORTIVO - LEVANTE UD

Sábado 20 de abril
12:00: CLUBE ATLÉTICO E CULTURAL - DEPORTIVO

Os dous primeiros acceden a semifinais, que se xogan a partir das 17:00; mentres que o resto disputará unha Fase de Consolación para ditaminar a posición final.

Dous empates para o Dépor na primeira xornada do Mundial sub-15 de Nantes (Francia)

Un equipo cadete do Deportivo participa no Mundial sub-15 La Saint Pierre de Nantes (Francia).

O conxunto branquiazul mídese na Primeira Fase ao FC Rezé, Le Havre Athletic, US Quevilly Rouen, US Thouare e La Saint Pierre de Nantes.

Os deportivistas arrancaron hoxe con dous empates (0-0) ante o US Thouare e Le Havre Athletic.

Mañá xoves dispútanse os outros 3 choques desta Primeira Fase, desde as 9:45.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Mércores 17 de abril
DEPORTIVO 0 - US THOUARE, no Stade du Pin Sec
DEPORTIVO 0 - LE HAVRE ATHLETIC 0

Xoves 18 de abril
09:45: FC REZÉ - DEPORTIVO, no Stade de l'Eraudiere
14:00: DEPORTIVO - US QUEVILLY ROUEN, no Stade de l'Eraudiere
16:30: DEPORTIVO - LA SAINT PIERRE, no Stade Saint Pierre

A partir de aí, segundo clasificación, os equipos pasan a unha Fase Final que se inicia o venres 19 ás 09:30 horas.

Fase de Bronce para o Infantil A e Súper Grupo Ouro para o Alevín B na Ibercup de Cascais (Portugal)

O Infantil A e o Alevín B representan ao Club na prestixiosa Ibercup de Cascais (Portugal), desde onte luns 15 de abril.

Así, o Infantil A tivo como rivais na Primeira Fase ao Blackburn Rovers FC, Hapoel Herzliya, FC Seth Academy e CF Os Belenenses.

Hoxe mércores, o Infantil A finalizou esta primeira fase cunha derrota pola mínima (1-0) ante o FC Seth Academy e disputa a Fase Bronce, que arrancou con triunfo.

O calendario de partidos, en horario local (unha hora máis en España), cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Luns 15 de abril
CF OS BELENENSES 4 - INFANTIL A 2 (Noah e Mella)

Martes 16 de abril
INFANTIL A 2 (Martín -2-) - HAPOEL HERZLIYA 1
BLACKBURN ROVERS 1 - INFANTIL A 0

Mércores 17 de abril
INFANTIL A 0 - FC SETH ACADEMY 1
Fase de Bronce
INFANTIL A 2 (Domínguez e Mella) - HAPOEL HADERA FC 1

Xoves 18 de abril
10:40: INFANTIL A - ASVSA AS VARENNES

Pola súa banda, o Alevín B quedou encadrado na Primeira Fase cun equipo sueco, o FC Djursholm; e 3 portugueses: Boavista FC D, AD Oeiras e EF Benfica Olivais D.

Hoxe mércores, o Alevín B pechou esta Primeira Fase con vitoria (3-1) ante o AD Oeiras, aínda que xa clasificado como primeiro para o Súper Grupo Ouro.

Nesta fase caeu eliminado após perder co Vitória de Guimarães.

Os resultados do Alevín B neste torneo foron os seguintes:

Luns 15 de abril
ALEVÍN B 9 (Diego -3-, Rubén Trillo, Pablo, Eder, Leandro, Nico Ruiz e Íker) - FC DJURSHOLM 0

Martes 16 de abril
BOAVISTA FC D 0 - ALEVÍN B 3 (Iago, Diego e Leandro)
ALEVÍN B 9 (Anxo -3-, Rubén Trillo -2-, Janusz -2-, Leandro e Eder) - EF BENFICA OLIVAIS D 1

Mércores 17 de abril
AD OEIRAS 1 - ALEVÍN B 3 (Nico Ruiz, Pablo e Rubén Trillo)
Fase de Campións
ALEVÍN B 3 (Yago e Xabi -2-) - HAMMARBY FOTBOLL 3
ALEVÍN B 0 - VITÓRIA DE GUIMARÃES 3

O Benxamín B, cos mellores no Mundialito Costa Daurada

O Benxamín B do Dépor clasificouse entre os mellores do Mundialito Costa Daurada en Tarragona.

Mañá xoves, o conxunto deportivista xogará os cuartos de final da Fase Ouro ante o Levante UD.

O calendario de partidos do Benxamín B, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Primeira Fase
Luns 15 de abril
BENXAMÍN B 28 (Iago Lameiro -6-, José Quiroga -6-, Lucas Vázquez -4-, Pablo -4-, Raúl -3-, Iago Varela -2-, Rodrigo -2- e Hugo) - HALCONES WATSONVILLE FC 0
SANT PAU APÓSTOL 1 - BENXAMÍN B 7 (Rodrigo -3-, José Quiroga -2-, Nico e Pablo)

Martes 16 de abril
BENXAMÍN B 9 (Iago Lameiro -3-, José Quiroga -2-, Hugo -2-, Rodrigo e Pablo) - EFB UD SALOU 1

Mércores 17 de abril
LEVANTE UD 5 - BENXAMÍN B 2 (José Quiroga -2-)

Xoves 18 de abril
Fase Ouro
Cuartos de final
15:00: BENXAMÍN B - LEVANTE UD

Xuvenil B e Alevín A competirán desde mañá na Oviedo Cup 2019

O Xuvenil B e o Alevín A participan esta Semana Santa na XIV edición da Oviedo Cup.

O Xuvenil B quedou emparellado na Primeira Fase co Astur CF, ED Moratalaz, SDCR La Corredoria e RCD Espanyol.

O seu calendario inicial é o seguinte:

Xoves 18 de abril
16:30: ASTUR CF - XUVENIL B, no campo de HFE Tensi
18:45: XUVENIL B - ED MORATALAZ, no campo de HFE Tensi

Venres 19 de abril
11:15: XUVENIL B - SDCR LA CORREDORIA, no campo Hermanos Llana
17:30: RCD ESPANYOL - XUVENIL B, no campo de HFE Tensi

Os dous primeiros clasificados acceden posteriormente á Oviedo Cup Ouro; o 3º á Oviedo Cup Prata; o 4º á Oviedo Cup Bronce; e, finalmente, o 5º á Oviedo Cup Consolación.

Pola súa banda, o Alevín A enfrontarase en primeira instancia co Astur CF, Rayo Ciudad Alcobendas B, Atlético Lugones e CD Parquesol, con este calendario de partidos na Primeira Fase:

Xoves 18 de abril
17:45: ASTUR CF - ALEVÍN A, en Vallobín

Venres 19 de abril
11:30: DEPORTIVO - RAYO CIUDAD ALCOBENDAS B, en Matalablima
20:45: ALEVÍN A - ATLÉTICO LUGONES, en Vallobín

Sábado 20 de abril
09:15: CD PARQUESOL - ALEVÍN A, no Anexo ao campo Juan Antonio Álvarez Rabanal

Os dous primeiros clasificados acceden posteriormente á Oviedo Cup Ouro; o 3º á Oviedo Cup Prata; o 4º á Oviedo Cup Bronce; e, finalmente, o 5º á Oviedo Cup Consolación.

O Cadete A, puntual á súa cita co Torneo Cesaraugusta de Zaragoza

Como xa é habitual nos últimos anos, o Cadete A repite participación no Torneo Cesaraugusta, organizado polo club Stadium Casabranca, en Zaragoza.

Todos os partidos disputaranse no campo Gregorio Usabel.

O conxunto deportivista quedou encadrado no grupo A, co Real Zaragoza e CA Osasuna como rivais.

O calendario de partidos do Cadete A é o seguinte:

Xoves 18 de abril
17:00: REAL ZARAGOZA - CADETE A

Venres 19 de abril
17:00: CADETE A - CA OSASUNA

O primeiro de grupo xogará a gran final, o domingo 21 de abril ás 12:00; o segundo pelexará pola 3ª e 4ª praza ese mesmo domingo ás 10:00; mentres que o 3º disputará a 5ª e 6º praza o sábado 20 de abril ás 17:30 horas.