RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Claudia Sande, citada para uns adestramentos coa selección española sub-14

A orzanista Claudia Sande foi citada por primeira vez para uns adestramentos coa selección española sub-14 que terán lugar na localidade segoviana de Los Ángeles de San Rafael do martes 23 ao xoves 25 de abril.

A moza dianteira milita no Orzán SD Infantil A Femenino de Liga Galega, equipo co que esta temporada anotou 26 goles en 18 partidos xogados.

Claudia Sande únese así á lista de membros de #ANOSACANTEIRA que están no radar das categorías inferiores das diferentes seleccións nacionais como tamén Elena Vázquez, Lucía Rivas, Antía Veiga, Kevin Sánchez, José Rey ou Pablo García con España; Dunia Dahmouni e Amin Moustapha con Marrocos; ou Michi Apóstol e Álex Delgado con Venezuela.