- Foto: @SeFutbol -
#ANOSACANTEIRA ten representación estes días nos compromisos internacionais das categorías inferiores de España.
Así, Noel López e David Mella están a participar coa selección española sub-19 e sub-17 respectivamente nos Minitorneos Elite do Campionato de Europa de cada categoría que arrancaron o pasado mércores e finalizan mañá martes 29 de marzo.
O rival para a selección española sub-19 será Dinamarca, ás 18:00 horas en Benidorm posto que Rusia, rival na segunda xornada, foi excluída da competición.
O pasado mércores 23, a sub-19 igualou (2-2) ante Austria no Estadi Olímpic Camilo Cano de La Nucía nun partido que se disputou baixo unha persistente choiva, o que foi empeorando o terreo de xogo co transcurso do xogo. Noel foi suplente e saltou ao céspede no minuto 81 en substitución de Nico Serrano.
Para coarse na fase final, a selección española sub-19 necesita gañar por dous ou máis goles o encontro de mañá.
O calendario de partidos da selección española sub-19 é o seguinte:
Mércores 23 de marzo
ESPAÑA 2 - AUSTRIA 2
Martes 29 de marzo
18:00: DINAMARCA - ESPAÑA, no Estadio Guillermo Amor (Benidorm)
O regreso de Noel á Coruña está previsto para este mércores 30 de marzo.
Pola súa banda, o pasado sábado 26 de marzo, David Mella enfrontouse coa sub-17 a Bélxica, que no seu debut da primeira xornada goleou (8-1) a Estonia.
Gañaron os españois pola mínima (1-0), resultado que supón a clasificación para a Fase Final do Europeo 2022 de Israel, cuxo sorteo será o próximo 6 de abril en Tel Aviv.
O canteirán branquiazul comezou o choque no banco e saltou ao céspede no minuto 78 en substitución de Dani Pérez.
O pasado mércores 23, os españois na primeira xornada dobregaron a Bosnia Herzegovina (4-1) no Stadium Etno Selo Stanisici sito na localidade bosníaca de Bijeljina.
O atacante deportivista foi entón titular e foi relevado no minuto 46 por Víctor Moreno.
Mañá martes 29 de marzo ás 15:00 horas, España, con todo resolto, enfróntase a Estonia na última xornada. O partido será no Stadium Novi Gradski da localidade de Ugljevik.
O calendario para os españois é o seguinte:
Mércores 23 de marzo
ESPAÑA 4 - BOSNIA HERZEGOVINA 1
Sábado 26 de marzo
ESPAÑA 1 - BÉLXICA 0
Martes 29 de marzo
15:00: ESTONIA - ESPAÑA, no Stadium Novi Gradski (Ugljevik)
David Mella regresará á Coruña ao longo do próximo mércores 30 de marzo.
