RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ACTUALIDADE

Configurada o cadro do Fabril, do que saen Pedro e Luismi

O dianteiro Pedro, cedido ao Sporting Braga, e Luismi, causan baixa no Fabril neste mercado de inverno.

O conxunto de Sergio Pellicer incorporou a 4 futbolistas: Arturo Segado, Ignacio Abeledo, Leto e Juanmi Carrión.

Pedro, cedido a un grande de Portugal

O Real Club Deportivo e o Sporting Braga chegaron a un acordo para a cesión de Pedro Alves Correia ao equipo portugués até final de temporada.

Pedro Alves Correia (Évora - Portugal, 12 de outubro de 1999) chegou ao Xuvenil A en a temporada 2016-17. Debutou co primeiro equipo a pretemporada de 2017, con Pepe Mel no banco. Foi a súa estrea goleadora co Deportivo, posto que anotou 2 dianas nun amigable ante o Silva SD en Elviña.

Internacional nas categorías inferiores da selección portuguesa, proclamouse campión de Europa sub-19 o pasado verán, con goles decisivos para o seu equipo nacional.

Acordo para a rescisión do contrato de Luismi

Por outra banda, o RC Deportivo e Luis Miguel Redondo Fernández 'Luismi' chegaron a un acordo para a rescisión do seu contrato.

O Club quere agradecer a Luismi a súa dedicación e profesionalidade durante a súa estancia no filial deportivista e deséxalle moita sorte na súa carreira profesional.

As de Pedro e Luismi son as dúas saídas, que se suman á anterior de Sergio Ortuño Díaz, cedido ao CD Eldense da Terceira División valenciana.

Así pois, o cadro do Fabril queda configurada da seguinte forma:

Porteiros

Alejandro 'Álex' Cobo Padillo

Pedro López Galisteo

Defensas

Enrique 'Quique' Fornos Domínguez

Emilio Lucas Viña

Steve Aldo One

Raúl González Valls

Juan Miguel 'Juanmi' Carrión Gallardo

Carlos Ramírez Gálvez 'Leto'

Centrocampistas

Javier Fernández Abruñedo 'Bicho'

Carlos José López García

Gaizka Martínez Navarro

Javier Cobo Pena

Sébastien Sáelles - Lamonge

Jorge Valín Sánchez

Yago Gandoy Martínez

Arturo Segado Muñoz

Dianteiros

Adrián Castro Mesa

Juan Jesús 'Juanje' Argüez Ruiz

Luis Guillermo May Bartesagui

Jonathan Montiel Caballero

Uxío da Pena Gutiérrez

Ignacio de Loyola Abeledo Rute

Víctor García Raja