A unha semana do comezo da pretemporada (9 de xullo ás 10:30 horas na Cidade Deportiva de Abegondo) xa está configurado o corpo técnico do Deportivo Fabril para a próxima campaña.
A Tito Ramallo acompañarao como segundo adestrador Manuel Pablo García Díaz (Arucas, 25 de xaneiro de 1976). O segundo xogador con máis partidos na historia do Club incorpórase aos labores técnicos do filial branquiazul após dúas campañas dentro da estrutura deportiva do Dépor despois da súa retirada.
O preparador físico do Fabril será Lois Rodríguez Lorenzo (26 de novembro de 1989). Doutorado en Ciencias do Deporte e a Educación Física, xa acompañou a Tito Ramallo na súa etapa no Banants Yerevan (Armenia), ademais de traballar xa durante 3 temporadas no Deportivo e 2 no Cerceda.
Alberto Casal Arantes (22 de agosto de 1970) será o adestrador de porteiros do Fabril, función que desenvolveu os 6 últimos anos na SD Ponferradina. Antes, como técnico, traballou no Bergantiños e o Laracha. Deste último equipo foi porteiro antes de colgar as luvas e após defender as porterías de Celta, Racing de Ferrol, Endesa As Pontes, Lugo, Cerceda e Atlético Arteixo.
O equipo de traballo complétao o readaptador físico Fernando Rodríguez López (6 de febreiro de 1978), licenciado en Ciencias do Deporte e a Educación Física, que inicia o seu cuarto lustro dentro da organigrama profesional do Real Club Deportivo.