RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Confirmado: o penalti a Abelardo foi escondido ao resto do Estado

Publica a Páxina Web oficial do FC Barcelona:O Futbol Club Barcelona constatou que, efectivamente, a xogada na que o noso xogador Abelardo foi obxecto de penalti, no transcurso do partido disputado o pasado sábado ante o Deportivo da Coruña, só se viu en

Nos programas informativos de Tele 5, Antena 3 e TVE, así como no programa de TV2 ?Estudo Estadio?, non apareceu a citada xogada na que Abelardo é colleito e derrubado por un xogador adversario á saída dun córner.

Pero esta xogada si que a puideron ver os espectadores de TV3 e Canle 33 en Catalunya. E é que no resumo que se enviou ás diferentes cadeas estatais, esta xogada non foi incluída. Este feito supón un claro prexuízo para o Futbol Club Barcelona, pois a única imaxe que se deu á opinión pública do partido do sábado é simplemente o posible penalti de Bogarde a Djalminha.

Mentres o penalti a Abelardo foi ocultado a todo o Estado, a xogada entre Bogarde e Djalminha difundiuse, en cambio, desde moitos ángulos e cunha gran variedade de recursos técnicos. O contraste é evidente.

Como consecuencia, hoxe luns, como onte domingo, os medios de comunicación só falan dun penalti no partido do sábado, debido á grave omisión que fixo TV3.

O F.C. Barcelona cre que foi, simplemente, un descoido e non dubida da profesionalidade, amplamente demostrada, dos encargados da retransmisión. Pero, nesta recta final do campionato cremos que nos prexudica moito ser presentados como favorecidos polas decisións arbitrais.