RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Continúan as actividades con motivo do Día do Dano Cerebral Adquirido

Desde a Fundación RC Deportivo, como un dos principais axentes sociais da comunidade, e conscientes de que o fútbol serve como un potente altofalante e medio de comunicación de masas, levouse a cabo, con motivo do Día Nacional do Dano Cerebral Adquirido, un exercicio colaborativo aglutinando ás principais institucións que traballan por esta causa co obxectivo de chamar a atención sobre a importancia de derrubar, colectivamente, as barreiras que impiden a total accesibilidade cognitiva.

Xunto á Fundación RC Deportivo, promoveron este movemento asociativo: Adaceco, Aspaber, Aspace, Aspanaes, Aspronaga, CPAP Bergondo, Fundación Adcai, A Costura de Susa, Parkinson Galicia.

Hoxe, na Cidade Deportiva de Abegondo, estiveron, xunto ás Nosas e Os Nosos:

José Alén e Eva Pedreira, director xerente e responsable RSE de Aspanaes.
Mateo Casanovas, Juan Casanovas e Tamara Naya Vilares da Costura de Susa.
Juan Luis Delgado, Javier Alborés Puig e Natalia de Llano, de Adaceco.
Francisco Javier Neto Pol e Mª José Caneiro Fernández, Director-Xerente e Responsable de Área Técnica de CPAP Bergondo.
Ángel Castañeda e Mari Carmen Fraga, Vicepresidente e Vocal Asociación Parkinson Galicia.
Laura Fernández Soto, Presidenta Fundación ADCAI.
Roberto Céspedes Rodríguez e Benjamín Barbillo Joven de Aspronaga.

Ademais do vídeo publicado onte polo RC Deportivo e a súa Fundación, este sábado 29 de outubro todas as institucións e parte dos seus usuarios estarán presentes no partido e por ese motivo animamos a todos os Deportivistas a que acudan cos seus equipamentos branquiazuis ao Estadio, xa que o azul é a cor que simboliza a loita por esta causa.

Ademais na caseta de AsistiDÉ, situada xunto á DéporTienda, baixo a rampla da porta 27, desde unha hora antes do inicio do partido, estará A Costura de Susa (www.instagram.com/lacosturadesusa) con produtos solidarios. Toda a recadación irá destinada á terapia do pequeno Mateo.