RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Convocatoria urxente e extraordinaria de probas de acceso ao Curso de Adestradores do Deportivo

A Consellería de Educación confirmou ao Real Club Deportivo a concesión extraordinaria dunha nova convocatoria para as probas de acceso ao curso de adestradores 2017-2018 Nivel 1. As probas terán lugar nas instalacións da Cidade Deportiva de Abegondo o vindeiro martes día 25 de setembro a partir das 10:00 horas. O prazo para presentar a documentación necesaria conclúe o venres 21 ás 19:00 horas.

Os interesados na preinscrición deben porse en contacto urxente con Miguel Gamallo a través de miguel.gamallo@rcdeportivo.es ou o teléfono 689 618 558.