RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Cristóbal deseña a estratexia para afrontar o partido de Anoeta

Cristóbal Parralo preparou cos seus futbolistas a visita á Real Sociedad deste venres 2 de febreiro en Anoeta (21:00 horas, Bein LaLiga), en partido da 22ª xornada de LaLiga Santander.

Para iso, dispuxo dun partido táctico once para once no campo 2 da Cidade Deportiva. O técnico branquiazul, como é habitual, impartiu constantes instrucións de cara ao choque ante o equipo donostiarra.

Esta mañá adestráronse co primeiro equipo os fabrilistas One e Edu Expósito.

Mañá, o cadro branquiazul está citado no Estadio ABANCA-RIAZOR para unha sesión a porta pechada que arrincará ás 11:00 horas.