RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Cuarto título da canteira nun fin de semana triunfal no que só fallou o Fabril

  O Infantil B se proclamó este fin de semana campeón de liga da Primeira Autonómica (grupo 1º), ao gañar onte sábado no campo das Mariñas de Sada ao Raio Sadense. É o cuarto título da canteira esta

Fabril, Xuvenil B (Liga Nacional), Cadete A (División de Honra) e Cadete B (Liga Galega, grupo 1º) xogaron en Abegondo. Só o Fabril faltou á cita co triunfo. Caeu ante o Barco nun disputado partido (2-3).

A xornada arrincou o pasado venres coas vitorias dos dous equipos de benjamines, ás 18.00 (Benjamín A) e 19.00 (Benjamín B) no campo de herba sintética de Abegondo.
 
Tamén para hoxe domingo quedaron as vitorias do Xuvenil A (en Xixón ante o Atlético Perines), do Infantil A (en Bertamiráns), e do Alevín B (en La Torre ante o Salesianos).
 
Os resultados do fin de semana foron os seguintes:
 
Terceira División
 
FABRIL 2 (Óscar e Otero) - BARCO 3
 
Categoría Xuvenil
 
División de Honra: ATLÉTICO PERINES 0 - XUVENIL A 1 (Iago Novo)
 
Liga Nacional: XUVENIL B 2 (Mosquera e Sebastián) - CALASANCIO 0
 
Categoría Cadete
 
División de Honra: CADETE A 3 (Álvaro, Valín e Vermello) - AREOSA 0
 
Liga Galega, grupo 1º: CADETE B 1 (Pichu) - RACING DE FERROL B 0
 
Categoría Infantil
 
Liga Galega, grupo 1º: BERTAMIRÁNS 0 - INFANTIL A 2 (Iago e Padín)
 
Primeira Autonómica, grupo 1º: RAIO SADENSE 2 - INFANTIL B 5 (Padín -2-, Noel e Jairo -2-)
 
Categoría Alevín
 
Danone Nations Cup
Domingo 13 de marzo na Madroa (Vigo)
 
Primeira Fase
ALEVÍN A 12 (Sergio -2-, Adrián -2-, Quique -2-, Dani -2- e Hugo  Baldomar -4-) - LOURO TAMEIGA 1
ALEVÍN A 5 (Dani -3-, Quique e Hugo Baldomar) - ALERTA NAVIA 0
ALEVÍN A 8 (Javi Lourido -2-,  Quique -2-, Eloi, Iván, Hugo Baldomar e Dani) - ATLÉTICO MARCÓN 0
ALEVÍN A 5 (Dani, Adrián Lombao, Trigo, Eloi e Iván) - ERIZANA 1
 
Cuartos de final
ALEVÍN A 8 (Hugo Baldomar -4-, Quique -2-, Eloi e Dani) - VILA DE CORPUS 0
 
Semifinal
ALEVÍN A 5 (Quique -2-, Dani, Iván e Hugo Baldomar) - CORUXO 1
 
Final
CELTA 1 - ALEVÍN A 1 (Hugo Baldomar). A penaltis: 1-2
 
Segunda Fase da Segunda Comarcal, grupo 1º: SALESIANOS 1 - ALEVÍN B 3 (Manu, Domínguez e Marco Baña)
 
Categoría Benjamín
 
Primeira Comarcal, grupo A Coruña - As Mariñas: BENJAMÍN A 5 (Lucas -3-, Luís e Hugo) - IMPERÁTOR 1
 
Segunda Comarcal, grupo A Coruña - As Mariñas: BENJAMÍN B 4 (Eli -2-, Jairo e David) - URAL C 2