RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Cuntis recupera o seu lugar nos DéporCampus Cabreiroá entre o 19 e o 23 de xullo

O salón de actos da biblioteca municipal de Cuntis acolleu hoxe xoves 17 de xuño a presentación do DéporCampus Cabreiroá que levaráse a cabo na localidade dentro dun mes.

O DéporCampus Cabreiroá de Cuntis terá lugar no Campo Municipal de Fútbol da Ran grazas á colaboración entre o Atlético Cuntis, o Concello de Cuntis e a Fundación RC Deportivo.

Cuntis será, despois da pausa do ano pasado debido á pandemia, sede dun DéporCampus Cabreiroá por terceira vez.

Á presentación acudiron Manuel Campos, alcalde de Cuntis; Fran Fontenla, presidente do Atlético Cuntis; Javier Gestoso, tesoureiro do Atlético Cuntis; e Pablo Barros, director das actividades formativas da Fundación RC Deportivo.

A actividade está destinada a nenos e nenas desde os 6 aos 14 anos e terá un horario de 10:00 a 14:00 horas entre os días 19 e 23 de xullo.

Os interesados poden consultar toda a información da sede de Cuntis e realizar o proceso de inscrición até as 12:00 do xoves día 15 de xullo nesta ligazón.

Para calquera dúbida ou consulta coa súa inscrición, os interesados poden contactar directamente coa organización na dirección de correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es.